Burela, 25 de setembro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou que a Consellería de Política Social acondicionará o patio exterior da residencia de Burela para uso exclusivo dos residentes deste centro de atención e coidado a persoas maiores. Deste xeito o Goberno galego dá resposta a unha necesidade detectada polos usuarios e familiares desta residencia que, na actualidade, non conta nas súas instalacións cun espazo descuberto que poida aproveitarse con este fin.
A Consellería de Política Social, que oferta nesta residencia 88 prazas -58 para persoas autónomas e 30 en situación de dependencia- e 20 no centro de día, verificou que ese espazo contiguo ás instalacións da residencia, emprazado na rúa Pardo Bazán, é de titularidade autonómica. Esta circunstancia, engadiu Arias, permite axilizar os trámites necesarios para facer realidade esta obra, pois non será necesario solicitar a cesión a outras Administracións.
O delegado territorial da Xunta en Lugo confirmou, así mesmo, que o Goberno galego xa encargou o proxecto técnico no que se definirán as características do peche deste espazo, que aspira a converterse no novo patio exterior da residencia, información que trasladou aos residentes e familiares do centro, impulsores desta iniciativa.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



