Cervo, a 28 de setembro de 2020. A CIG reclama do goberno español e da Xunta de Galiza que manteñan unha postura de firmeza para evitar o plan de peche de Alcoa e valentía para pór en marcha medidas viábeis que garantan a non parada das cubas, aínda que a multinacional execute un ERE extintivo ou temporal. Neste crítico momento máis que nunca é preciso que as administracións acompañen e apoien a dura loita que os traballadores e as traballadoras desenvolverán nos próximos meses para evitar que se consumen os despedimentos e o cese da produción de aluminio primario.
Así o trasladou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, na reunión telemática da mesa de seguimento que tivo lugar pouco antes de retomarse o período de consultas do ERE de Alcoa. Nesta xuntanza, Carril denunciou o “terrorismo patronal” exercido por Alcoa que se nega a aceptar ningunha saída alternativa, tal e como se evidenciou esta fin de semana ao dar por rotas as negociacións con GFG Alliance mesmo antes de rematar o prazo previsto e ao negarse a asumir a proposta de compra temporal pola SEPI. “Resulta obvio que Alcoa nunca tivo vontade de chegar a un acordo de venda e utilizou este tempo de prórroga para prefabricar unha autoxustificación do fracaso da operación”, denunciou.
Neste senso, Carril pediu a todas as partes manter a unidade de acción para enfrontar os plans de Alcoa, dándolle dende as institucións e dende a mobilización unha categórica resposta “até que a empresa cese na súa intención de deixarnos sen postos de traballo, sen futuro industrial para a comarca e sen un sector estratéxico para Galiza como é o aluminio”.
O secretario xeral da CIG pon en valor a enorme mobilización social do conxunto da cidadanía da Mariña nestes últimos meses que “é a resposta clara e contundente que vai atopar hoxe Alcoa na reunión”. E nesta liña, insta o goberno español e a Xunta a actuar con firmeza e estar a altura da mobilización que nos próximos meses continuará no centro de traballo e nas rúas, tomando todas as decisións políticas que sexan necesarias. A este respecto, Carril demandou que se poñan en marcha de inmediato os mecanismos para unha intervención pública como solución viábel e legal para a planta de San Cibrao.
Para Paulo Carril este conflito pon en evidencia tamén a necesidade urxente de mudar as políticas públicas, a comezar pola derrogación da reforma laboral “para que as empresas non teñan en exclusiva a decisión sobre os despedimentos e para recuperar a autorización administrativa previa dos ERE”. Mais tamén advirte da necesidade de adoptar políticas para que sectores industriais estratéxicos sexan xestionados dende o sector público e deste xeito “non estean sometidos á extorsión de empresas multinacionais como Alcoa que, ante unha decisión unilateral de peche tomada en Pittsburgh, provoca a destrución de miles de empregos e a desaparición dun sector estratéxico como a produción de aluminio”.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



