Mondoñedo, a 02 de outubro de 2020. O goberno municipal de Mondoñedo desenvolve a súa folla de ruta para a recuperación dos valores patrimoniais do municipio, que, en moitos casos, constitúen atractivos para os visitantes. Nesa liña prepara a recuperación da Fonte Vella, co fin de crear un novo recurso turístico. Para conseguir este obxectivo, o Concello de Mondoñedo levará a cabo unha serie de traballos para conservar e mellorar a integridade física e estética da fonte, degradada polo paso dos anos. No seu interior constituirase o museo sobre as traídas de auga de Mondoñedo dende o século XVIII ata a actualidade. O presuposto ascende a 36.406,96 euros, dos que, vía subvención, a Axencia de Turismo de Galicia aportará 23.664,52 euros, dentro dun convenio de colaboración co Concello nun Proxecto de Mellora de Infraestruturas Turísticas 2020; o resto corre por conta do Concello.
As actuacións que se pretenden executar incidirán especialmente na rehabilitación das cubertas situadas na parte posterior da fonte, co obxecto de anular as actuais patoloxías existentes, que dan lugar a filtracións na galería abovedada inferior. Este habitáculo inferior, que será igualmente obxecto de recuperación, alberga diferentes conducións de auga, as cales no pasado se utilizaban como tomas da propia fonte. Consérvase, a día de hoxe, segundo a forma orixinal que xa aparecía nos planos dun expediente de 1913.
Na rehabilitación das cubertas, os traballos de limpeza serán selectivos e prudentes, respectando en todo momento a configuración actual das lousas da cuberta e colocando novos canalóns e baixantes ocultos de zinc. Ademais, procederase á reposición doutros elementos deteriorados, tales como cancelas, portas e reixas, para os que se utilizarán materiais que se integren no entorno e sexan respectuosos co ben.
En canto á musealización é de destacar que neste ámbito exporanse unha serie de paneis retroiluminados na que se resaltarán temas xerais como o da importancia da auga para as nosas vidas e para o asentamento de poboacións. Haberá restos das antigas canalizacións da cidade, de diferentes séculos, con explicacións e mapas que ilustren os percorridos. Reproduciranse algúns documentos importantes que se atopan no Arquivo Histórico da vila como complemento das explicacións en paneis e realizaranse varias imaxes en gran formato sobre elementos representativos da contorna.
A Fonte Vella, integrada no Conxunto Histórico da Cidade de Mondoñedo, está declarada Ben de Interese Cultural, cun grado de protección excepcional, segundo a resolución do 26 de febreiro 2020 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Está situada nas inmediacións da Catedral, ao pé do Camiño Norte a Santiago e foi o principal abastecemento de auga á cidade ata comezos do século XX.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



