A Coruña, 8 de outubro de 2020. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, puxo en valor a concesión de 13.344.906,26 euros a dez instalacións industriais de Galicia dentro do mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo fixo pública a lista provisional de propostas seleccionadas na convocatoria de 2019, dotada con 61 millóns e que distribuíu a un total de 204 solicitudes.
Javier Losada celebrou esta medida, coa que se apoia á industria e reforzar a competitividade das empresas máis intensivas no consumo de electricidade e, por tanto, máis sensible aos custos enerxéticos. “Con esta convocatoria o Goberno cumpre o seu compromiso de apoiar aos sectores industriais máis afectados polos custos da electricidade”, sinalou.
No cómputo global, Galicia é a Comunidade que recibe máis fondos deste mecanismo, ao superar o 21% do total nacional, seguida por Asturias, con 10,1 millóns, e Cataluña con 9,8 millóns.
PROPOSTAS SELECCIONADAS EN GALICIA

O delegado do Goberno lembra que estas propostas atópanse suxeitas ás posibles alegacións das empresas, así como á debida contestación aos requirimentos de información esixidos nalgún caso, como os de Alcoa e Alu Ibérica. Concluído o período de alegacións, o gabinete dirixido por Reyes Maroto avaliará as mesmas e a información recibida e propoñerá proposta definitiva de axudas.
Estas axudas están reguladas polo Real Decreto 1055/2014, do 12 de decembro, polo que se creaba o mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro para empresas de determinados sectores e subsectores industriais aos que se considera expostos a un risco significativo de fuga de carbono, que foi prorrogado ata 2020.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



