Viveiro, 13 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro presentou esta mañá as IV Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro, que se celebrarán do 9 ao 13 de novembro e que este ano, por motivo da pandemia da Covid-19, serán totalmente online a través da plataforma Zoom.
Na presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar; Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), e Alejandro Prieto, Secretario da UNED de Lugo.
A inscrición será dende mañá, mércores 14 de outubro, ata o 6 de novembro. Uns días antes do inicio das xornadas, remitirase ao correo electrónico dos participantes o enlace de Zoom para acceder ás sesións.
As xornadas inclúen un total de oito conferencias charlas, dúas delas de carácter internacional a cargo de Ricardo Dos Santos Guimarães, capitán de corbeta da Armada Brasileña, e Nicolás C. Ciarlo, doutor en Arqueoloxía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires.
“Igual que en anos anteriores, as xornadas abarcan varios proxectos de ámbito nacional e incluirán ademais dúas ponencias centradas en Galicia, unha sobre a explotación do mar en Galicia durante a antigüidade e outra sobre conservación en xeral”, explica Jesús Fernández.
Dende o concello quérese agradecer o traballo e a colaboración do FEDAS, a través de Antón López, que foi e sigue sendo alma mater destas xornadas, tanto na coordinación como na organización, co apoio do Concello de Viveiro, a través da Concellaría do Mar.
O concello agradece tamén o apoio da Deputación de Lugo e da UNED, que participa nestas xornadas coa concesión de 0,5 créditos ECTS aos participantes.
“Trátase dunhas xornadas totalmente consolidadas no panorama español, polas que pasaron ponentes que expuxeron proxectos premiados pola Unesco e outros temas en clave local, como pode ser o afundimento do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



