En concreto, tres entidades solicitaron axuda no concello para participar na campaña ‘Limpeza simultánea de praias’. Serán o IES María Sarmiento Praia, a aula da Uned de Viveiro e a peña ciclista Lar. O concello colaborará cedendo aos participantes o material axeitado para limpar os areais, sacos e luvas, ademais de comprometerse a recoller o lixo que xunten. Para o equipo de goberno de Viveiro, o coidado da contorna natural do municipio é unha prioridade, polo que eloxia e apoia este tipo de iniciativas para concienciar á veciñanza da importancia de respectar o medio ambiente.

























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



