Lugo, 18 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeiras, asinaron no Pazo de San Marcos a subvención excepcional que lle outorga a institución provincial a esta entidade por un total de 13.000 euros. Esta colaboración permitiralles levar a cabo un proceso de dixitalización e implantación de novas tecnoloxías para maximizar o alcance das súas actividades.
O obxectivo é a creación dunha imaxe atractiva e dinámica a través da construción dunha nova páxina web; a posta en marcha dunha canle de Youtube que maximice o alcance e dote de maior visibilidade os seus proxectos; e a contratación dunha empresa de comunicación e marketing para o traballo de difusión en diferentes medios.
Esta Fundación creou no ano 2014 o Festival Bal y Gay co fin de achegar a música clásica á comarca da Mariña onde a accesibilidade a esta era moi limitada. En cada edición reúnense intérpretes do momento para promover a formación e a difusión musical, consolidando un amplo cartel de artistas de primeiro nivel. Esta cita musical supón tamén un incentivo turístico tanto para a comarca mariñá como o resto da provincia polo gran número de persoas que participan en cada edición no Festival Bal y Gay.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



