Santiago de Compostela, 19 de outubro 2020. O BNG levará ao Pleno do Parlamento galego que comeza mañá martes unha iniciativa para reclamar a intervención pública en Alcoa e impulsar deste xeito unha solución á crítica situación que vive a fábrica de San Cibrao. Así o avanzou esta mañá en Santiago a portavoz nacional, Ana Pontón, quen agarda que a iniciativa sirva para que “o Goberno central e a Xunta saian da indefinición” e se concrete a proposta de intervención “que é a que están agardando os traballadores e traballadoras de toda a comarca para salvar á única fábrica de aluminio primario, e máis de 1.000 empregos, nunha comarca tan importante como a da Mariña”.
En alusión aos distintos pronunciamentos do Goberno do Estado nas últimas datas, Pontón advertiu que nun tema tan importante e no que está en xogo o futuro de toda unha comarca “non se pode estar xogando aos vaivéns”. A portavoz nacional subliñou que “a única solución real que hai sobre a mesa é a intervención pública” e considerou necesario non demorar más a presentación dun proxecto neste sentido dado que, segundo alertou, a multinacional “ten unha folla de ruta moi clara” e xa comunicou aos seus socios en Estados Unidos os despedimentos e a paralización da produción.
“O que nos preocupa é que vexamos os vaivéns que está dando o goberno do Estado, onde un día pola mañá di que si vai intervir e ao seguinte que non”, cuestionou, polo que destacou a importancia de que o Parlamento galego reclame xa a intervención, que será demandada neste Pleno polo BNG mediante unha proposición non de lei de carácter urxente.

















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



