Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020. O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, reclama “cantas medidas sexan necesarias, incluída a intervención pública temporal” de Alcoa para salvar a actividade industrial e os postos de traballo de San Cibrao. Seco presentou unha emenda a unha proposta do BNG, que se debaterá no Pleno que comeza mañá, para trasladar a Galicia un acordo semellante ao acadado en Madrid a semana pasada.
O responsable socialista apelou aos grupos parlamentarios para “continuar coa senda de unidade de acción para salvar a actividade industrial e os postos de traballo da factoría”, incluíndo na proposta a posible intervención “para a súa posterior venta a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable”.
Seco sinala á Xunta para reclamarlle que “continúe tomando as medidas necesarias traballando conxuntamente co goberno de España en materia medioambiental e laboral para que a actual propietaria acepte a intervención. Sinalou así o último paso do Ministerio de Industria, que “fixo pública a reclamación da devolución das axudas entregadas á empresa nos últimos anos”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



