Foz, 21 de outubro de 2020. O Concello de Foz acaba de adxudicar á empresa SETRAMUR SL a mellora da sinalización turística do municipio por un importe de 22.506 euros.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “é froito dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia dentro do seu plan de acción anual de promoción turística. En concreto dito convenio ten por obxecto a realización, dentro das actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, da renovación de sinalización turística do concello de Foz. Trátase dunha serie de actuacións sobre o territorio que permitan poñer en valor e ofrecer un servizo ao visitante a través dunha
sinalización e posta en valor dos distintos recursos naturais e patrimoniais existentes no concello. E supón un esforzo económico importante porque a Axencia pon 14.707,55 euros e o Concello aporta 7.919,45 euros”.
Chema Linares especifica que se colocarán “máis de 30 sinais novas, farase a reposición de vellas e a substitución doutras, tipo AIMPE urbanas e direccionais, para recoller recursos tan importantes para o noso concello como a Basílica de San Martiño, o Castro de Fazouro e os distintos areais, dende A Rapadoira e Tupide ata Areoura pasando por Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, Xuncos e Polas. Tamén se sinalizará adecuadamente a oficina de turismo e A Mariña Virtual, no Centro de Interpretación da Mariña Lucense (CENIMA). Polo tanto As actuacións realizaranse en distintas zonas e rúas da nosa vila e nas distintas parroquias”.
O edil de Turismo considera que é “unha actuación moi necesaria dado o déficit neste tipo de infraestruturas no noso concello. Culmina así un arduo traballo de varios meses, no que estiveron implicadas varias administracións, como a Deputación de Lugo, Costas, Portos e Fomento, aos que tivemos que solicitar as debidas autorizacións sectoriais”.
“Temos a sorte de contar con numerosos recursos turísticos que é necesario sinalizar correctamente de cara o visitante”, remata Linares.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



