Lugo, a 23 de outubro de 2020. O grupo provincial do PP demanda que o presidente da Deputación, José Tomé, renuncie a desempeñar ao mesmo tempo a delegación de Vías e Obras, porque ten totalmente esquecidas as súas responsabilidades neste terreo, de maneira que as estradas provinciais atópanse en moi mal estado. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala con ironía: “O PP pide ao presidente José Tomé que destitúa ao delegado de Vías e Obras, José Tomé, e o substitúa por un que si se dedique as estradas e que non vaia só a cortar as cintas con traxe e garabata; necesitamos urxentemente un delegado que patee a provincia coas botas de traballo, para recuperar a normalidade nas estradas lucenses, que son unha das poucas competencias propias que ten a Deputación”.
O portavoz dos populares explica que “transcorrido máis dun cuarto de mandato, comprobamos que foi un absoluto erro que o presidente da Deputación e alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, se autonomeara delegado de vías e obras provinciais”. Castiñeira di: “Aí está o verdadeiro problema: demasiadas responsabilidades para unha soa persoa, o que o levou a acabar non atendendo a ningunha; o claro exemplo do que dicimos está na desastrosa xestión das estradas provinciais. Podemos dar moitos exemplos”. Engade Castiñeira: “Cando un alcalde ten un problema nunha estrada provincial, resúltalle absolutamente imposible falar co responsable político da área, con José Tomé, e remíteno á oficina técnica, que, evidentemente, ten moi pouca capacidade executiva para avanzar na solución do problema, que é o que queren os mandatarios locais. O delegado, señor Tomé, ou está en Monforte, exercendo de alcalde, ou está en Presidencia firmando convenios con alcaldes socialistas e nacionalistas, pero nunca está en Vías e Obras”.
Para os populares, “o delegado Tomé descoñece a rede de estradas provinciais, que está en estado lamentable, por estar dedicado a outros mesteres”. Citan “estradas en mal estado como as que denunciou o Partido Popular en Cervantes, en Riotorto, en Portomarín, a que enlaza Chantada con O Saviñao pola presa de Belesar (chea de fochancas enormes); tamén estradas provinciais en mal estado que denuncian os propios veciños como a LU-P-1002 en Carballedo, ou a xa mítica en Momán, que ata parece que tivo que intervir a divindade para intentar arranxar esa estrada”.
Castiñeira explica: “Estradas en mal estado hai en practicamente toda a provincia, e outras en proceso de obra pesimamente xestionadas, como a de Castroverde que levou ao pleno o PP, ou a de A Fonsagrada, con paradas e retrasos incomprensibles; di o delegado Tomé, como escusa, que somos a rede viaria máis extensa de España e posiblemente estea no certo. Por iso debe haber un delegado plenamente dedicado ás estradas provinciais. Polo tanto, o PP pide ao presidente Tomé que destitúa ao actual delegado de Vías e Obras, Tomé”.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



