Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020. A parlamentaria socialista Patricia Otero lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposición non de Lei na que lle pedía ao goberno galego que acordara unha estratexia para a reactivación económica da Mariña Luguesa. A responsable socialista urxiu unha actuación decidida do goberno galego para unha comarca que está a vivir a súa terceira restrición de movementos consecutiva malia estar en fase 0 de contaxios.
Otero reclamáballe á Xunta a constitución dunha mesa de traballo integrada polo Executivo autonómico, os grupos parlamentarios, os axentes sociais e económicos e as entidades locais da comarca da Mariña para consensuar un Plan de reconstrución da comarca. Este plan debera contar cun plan de industrialización, logo de 11 anos sen investir “nin un só euro da Xunta” en impulsar a industria da comarca.
Tamén debera incorporar medidas de potenciación do turismo interior e de costa, medias de apoio á hostalería e restauración, o apoio aos sectores primarios e axudas a autónomos e pequenas e medianas empresas. A responsable socialista presentou no Parlamento as propostas dos sindicatos na última manifestación da comarca no pasado mes de xuño, pedindo “melloras nas infraestruturas, os servizos públicos e a aposta da Xunta para non deixar morrer á comarca”.
Patricia Otero reclamou o apoio dunha comarca que foi a única que despois do confinamento tivo que pasar un novo confinamento, decretado pola Xunta en plena campaña electoral, para agora vivir unha nova restrición de movementos cando se atopan en fase 0 de contaxios. Dixo que “necesitamos unha atención especial nesta lexislatura” porque “na Mariña vivimos tres confinamentos que non sufriu o resto de Galicia”.
Alcoa
Otero replicoulle ao Grupo do PP que a posta en marcha dun plan industrial para a comarca non é incompatible coa defensa dunha solución para a situación da fábrica de Alcoa en San Cibrao mantendo os postos de traballo. Sinalou a contradición da postura do Grupo Popular, que pediu a intervención da planta “xa mesmo” mentres o conselleiro de Industria, na liña do goberno de España, pide buscar primeiro a venta da planta para “non darlle beneficio a Alcoa”.
Acusou ao PP de “darlle alas a Alcoa” na estratexia de facer desaparecer a factoría para deslocalizar a produción. Explicou que ao “ser os únicos que seguen falando do prezo da enerxía o único que fan é engordar a estratexia” da empresa, e puntualizou que “se non é un problema para Liberty –a firma disposta a adquirir a factoría- como o vai ser para Alcoa”.
A responsable socialista lembrou que “quen atopou o comprador foi o goberno de España” mentres a Xunta e o PP se dedicaban a utilizar a situación dos traballadores para facer campaña electoral.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



