Coinciden na prensa novas sucedidas lonxe, pero con efectos aquí, con efectos que nos afectan. O mundo é un pano. Ás veces, demasiadas, un pequeno pano de lágrimas.
Parece que por fin vai estendéndose a idea de que hai que coidar o noso planeta, e pouco a pouco tradúcese en declaracións. Declaracións que estamos afeitos a que sexan papel mollado en foros internacionais que se organizan para iso, para que as elites podan figurar dicindo o que lles parece que queremos escoitar. Semella que as verbas ‘móllanse menos’ en tódolos sentidos, tanto os líderes para emitilas como na resistencia ó paso de palabra a obra, cando as di un ‘líder’ (con todo o malo e se cabe, bo que pode ter a palabra) fóra dunha xuntanza internacional e sen ser interpelado para que faga unha declaración tal. Pasou hai uns días cando o máis alto mandatario chinés anunciou que o seu país, principal contaminante mundial na actualidade, tería unha pegada de carbono neutra para o 2050. Seguro que na declaración quedan algúns bordos que poden permitir saírse pola tanxente a quen fixo a declaración e ó país que debería levala a cabo, pero algo é algo, e máis aínda polo efecto tractor que pode ter cando quen a fai é o presidente dun estado como o chinés. Efecto tractor que pode ter arrastrado xa a outro país por boca do seu primeiro mandatario: onte fixo o mesmo tipo de declaración) o novo líder xaponés, outra nación que depende do petróleo en grande medida, confrontada con China en múltiples campos, e veciña, como dicimos en Ribadeo, ‘mar por medio’. Como estados individuais serían o segundo e terceiro en potencia económica a nivel mundial, se a China non é xa de xeito efectivo o número un. E en que nos afecta? Pois a grandes trazos, de cumprirse, reduciría o aumento do dióxido de carbono na atmosfera á metade do ritmo actual, coas implicacións no quecemento global que iso ten. Naturalmente, ‘a cousa’, o aumento da temperatura global, é máis complicada como para tentar despachala dun plumazo, e entre outras moitas variables, o resultado dependerá do ritmo co que se comece a traballar paras cumprir coa declaración feita… pero repito unha cousa que xa dixen: algo é algo. E o recoñecemento público voluntario leva consigo un impulso para o cambio de mentalidade global, tamén teu e meu, nun feito que xa está a ter graves implicacións no xeito de vida da poboación mundial.
No mesmo xornal que vexo o anterior, un titular anuncia que a campaña presidencial de Trump vai vento en popa, cun discurso onte de hora e media do que comenta que o “President Trump made 131 false or inaccurate statements”. Pódese dicir algo como ‘é Trump, que esperas, que non diga mentiras?’ Pero o caso é que o presidente norteamericano sería algo así como o buque insignia: ó longo do mundo parece ser máis e máis común que a xente, ‘o pobo’, pase das mentiras dos políticos, que se toman ben como verdades divulgadas a base de propaganda, ben como paso ‘necesario’ para a consecución do mandato, ou como algo natural para desprestixiar ó contrario e prestixiarse un. Iso, por máis de que se poda dicir dalgún político que é honrado e consecuente no seu dicir e facer.
Así pois, neste tempos, e enfrontado o dito no segundo parágrafo co reflectido no terceiro, con que nos quedamos? Coa esperanza? Coa esperanza, en que?

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



