A Mariña, 30 de outubro, 2020. Todos os anos os cargos do PSOE facían unha concentración na N-642 para reclamar o trazado da autovía Barreiros/San Cibrao, chega con consultar a hemeroteca.
O goberno Sánchez leva cos orzamentos de Montoro desde a moción de censura, agora presentan as súas liñas mestras de inversión e deseño de País e dan un golpe aos intereses dos veciños da comarca da Mariña.
Non é un tema menor, como sempre reclamaban os cargos socialistas esta autovía é a saída por terra da factoría alumineira de San Cibrao, esta logo o PSOE certificando que non é estratéxica esta factoría?
Dende CxG a Mariña, tendo en conta a situación de Alcoa e o futuro da nosa comarca reclamamos a comparecencia de Cesar Mogo e de Patricia Otero para dar explicacións de esta afronta aos intereses da mariña, xa non so da factoría senón tamén dos portos e de futuras inversións.
Si os alcaldes e alcaldesas do PSOE non tivesen unha dobre moral, tería que sacar a foto de 2020 reclamando con máis forza os fondo para esta vía, tan importante no futuro da Mariña, porén non vai ser así, importa máis o PSOE que os seus veciños.