Lugo, 2 de novembro de 2020. A área de Cultura da Deputación de Lugo comezará esta semana o envío de 500 exemplares do libro “Carvalho Calero sem fronteiras” a centros educativos e bibliotecas da provincia.
Trátase dunha publicación, editada tamén coa axuda da área de cultura, que repasa a vida do autor a través, principalmente, dos seus propios escritos e con materiais gráficos procedentes, entre outras fontes, do arquivo familiar.
Ademais tamén se lles achegará ás asociacións culturais, centros educativos e bibliotecas un enlace para difundir o documental “Carvalho Calero. Sem Fronteiras”, estreado o pasado sábado no salón de actos do Pazo de San Marcos, e que aborda a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 a través de material de arquivo, conversas e entrevistas con familiares, expertos, alumnos e discípulos, así como historiadores, outros literatos, académicos, amigos e críticos.
A Deputada de Cultura, Maite Ferreiro explicou que “queremos seguir poñendo en valor a figura de Carvalho Calero nun ano no que a situación sanitaria non permitiu celebrar a maioría dos actos de homenaxe a un autor pioneiro na lingua e a literatura galega, e apostamos por prolongar a súa celebración ao ano 2021, para que a Real Academia poida celebrar correctamente o simposio e o Pleno extraordinario, para que o alumnado de todas as idades coñeza a súa obra e o seu ideario”
Carvalho Calero en Lugo
A publicación divide en sete capítulos a vida do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega, dedicando un aos 15 anos que Carvalho Calero pasou en Lugo, como profesor e director do Colexio Fingoi, e no que se pode ler, a través dos seus propios textos, o forte vínculo do escritor coa cidade, un vínculo que continuou nos anos da súa xubilación, ao vivir en Lugo parte da súa familia.
Durante eses anos ademais de frecuentar as tertulias culturais no Méndez Núñez xunto con outros intelectuais, Carvalho Calero publicou a primeira novela en galego da posguerra: A xente da Barreira(1951), ingresou na Real Academia Galega e acadou importantes avances na súa faceta de investigador: o seu doutorado e a publicación de: A Historia da Literatura Galega Contemporanea 1808-1936 (1963).
Pero ademais o seu labor no colexio ía máis alá do traballo de profesor, recuperando a cultura popular a través da recollida, directamente dos nenos de contos populares da provincia, que se escolmaron, nunha publicación que viu o prelo en 1963.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



