Ribadeo, 6 de novembro de 2020. Acisa Ribadeo continúa ofrecendo servizos con condicións vantaxosas para os seus asociados e asociadas. Nesta ocasión trátase da sinatura dun novo convenio coa compañía MasMóvil, a través de Phonergy, que é unha empresa asociada. O obxectivo é reducir o recibo da internet e telefonía.
Segundo expón Francisco Iriarte, presidente de Acisa Ribadeo, “este acuerdo busca mejorar las ofertas de los socios de Acisa en lo que se refiere a contratos de internet y telefonía móvil, tanto para los locales asociados como para sus domicilios particulares. Hemos conseguido un descuento de un 8% a mayores de la oferta que ya había y que ya era bastante ventajosa.”
Iriarte cre que “es una gran oportunidad para reducir gastos y con un servicio de primera calidad, pudiendo configurar la oferta personalizada para cada caso con las líneas que cada uno necesite”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “esto se traduce en que la compañía nos presenta dos ofertas para nuestros socios, un tipo de tarifa para los gastos del negocio. Y nos hacen otra oferta más amplia en la que se contratan los servicios para la empresa y el domicilio particular, incluyendo en ambos internet, teléfono fijo y líneas móviles. A estas ofertas ya ventajosas le sumariamos el descuento del 8%, junto con un 50% más en líneas móviles adicionales. Los asociados interesados para pedir más información o presupuesto pueden llamar a Phonergy Ribadeo al 982 108 410 o al 604 000 852 o pueden acercarse a sus instalaciones que están situadas en Avenida de Asturias, 9.”
Sorteo de panchas
Hoxe celebrouse o último sorteo de panchas, enmarcado na campaña Domingueo en Ribadeo. Daniel Rodríguez Saavedra é o gañador dun pack de 40 panchas. Desde Acisa lembran que “tanto Daniel como Katia, a gañadora da semana pasada, poden pasar a recoller os packs antes do 20 de novembro pola oficina de Acisa Ribadeo sita en C/ San Roque, 57 – baixo de luns a venres de 10:00a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas”.
O presidente de Acisa Ribadeo valora como positiva esta campaña que “ha ayudado a difundir un poco más la existencia de las panchas y su uso, y ha intentado potenciar las ventas y el consumo en Ribadeo los fines de semana, algo muy importante teniendo en cuanta todas las limitaciones que a día de hoy tenemos”.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



