Viveiro, 10 de novembro, 2020. Comezaba a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, a súa intervención lembrando o pleno da Deputación de Lugo que se celebrou o pasado martes 30 de abril de 2020, no que María Loureiro participaba como Deputada na votación e onde se debateu unha moción proposta polo BNG para solicitar ao Ministerio de Xustiza á creación do Xulgado de Primeira instancia e instrucción n° 3 para Viveiro, propoñendo a adopción do seguinte acordo que contou co apoio de todos os grupos menos o do Partido Popular, que se abstivo:
.Instar ao Ministerio de Xustiza á creación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 en Viveiro coa correspondente dotación orzamentaria.
Dende o BNG de Viveiro consideramos a creación deste novo xulgado urxente e prioritario polo que ademais de presentar na Deputación a moción anteriormente exposta, o pasado 5 de outubro rexistrábamos no Parlamento Galego unha iniciativa que se debateu o día 4 de novembro para que o Parlamento inste á Xunta de Galiza a Iniciar os trámites, previa dotación orzamentaria, para a creación dun terceiro xulgado no partido xudicial de Viveiro e inste ao Gobierno de España para a súa aprobación, contando co apoio de todos os grupos.
Tendo en conta a redacción dos acordos desta moción, supoñen un paso atráis con respecto da moción do BNG que mesmo María Loureiro votou a favor na Deputación, pois o principal organismo que ten que dotar de partida orzamentario e realizar os trámites que faltan é o Ministerio de Xustiza, neste momentos liderado polo PSOE, ao que Loureiro simplemente pretende “darlle conta”, como especifica no punto segundo.
O goberno local do PSOE ten que deixarse de partidismos e loitar polo ben de Viveiro como se merece, e non cun texto que vale máis para saír na prensa que para conseguir que o Ministerio de Xustiza permita dunha vez por todas que Viveiro conte co tan necesario 3º xulgado.
Polo que desde o BNG de Viveiro propuxemos emendar esta moción para que recollese:
.Instar á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Xustiza a realizar cantas accións sexan necesarias en aras a lograr a creación dun 3º xulgado de 1ª Instancia e Instrución no Partido Xudicial de Viveiro.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.