Compostela, 11 de novembro de 2020.- Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte ao Parlamento de Galiza, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao presidente da Xunta que defenda a Galiza e galego da nova campaña contra o uso do galego como lingua vehicular no ensino que xurdiu nos últimos días a nivel estatal, a partir dun texto legal que di que “as administracións educativas garantirán o dereito do alumnado a recibiren ensino en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios”.
“Menten e manipulan para atacar a oficialidade do galego”, asegura o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, “ou é oficial unha lingua que non se permite como vehicular nas aulas?”. “Feixoo sabe que diga o que dixer a lei estatal”, engade Maceira, “quen pode regular o uso do galego é a Xunta e el mesmo decidiu unilateralmente impor por decreto graves restricións ao seu uso, contra todas as entidades do ensino, a sociedade e múltiples e masivas manifestacións e mesmo o Consello de Europa, a última vez en decembro do ano pasado”.
A este respecto, o presidente da Mesa recorda que o Conselleiro de Educación nunca respostou á solicitude de xuntanza que lle fixo a entidade de defensa da lingua para presentarlle a proposta de bases para a normalización do ensino feita en xuño pola representación maioritaria do profesorado (CIG Ensino, STEG, CISF), as ANPAS Galegas, os movementos de renovación pedagóxica e a propia Mesa.
“A primeira obriga do presidente da Xunta é defender Galiza e a súa lingua”, di Maceira. “Se o que quere Feixoó é facer oposición ao goberno do Estado”, engade, “ten motivos de sobra para faceloo exercendo de verdadeiro presidente, poñéndose do lado da sociedade galega cando ésta lle reclama ao Ministerio de Ciencia que deixe de vetar os traballos académicos en galego nos seus premios e recoñecementos, a TVE que emita os seus contidos dobrados ou lexendados ao galego ou ao SEPE que permita facer xestións no idioma de Galiza”. “Tampouco vimos a Feixoó pedir que a aplicación para alertar da Covid estivese tamén en galego”, recorda, “ou exercendo as competencias da Xunta para que o teléfono da COVID atendese en galego ou dirixíndose el mesmo en galego á cidadanía”. “Preferiu usar a COVID contra o galego e vez de combatela”, remata.



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



