Ribadeo, 24 de novembro de 2020. Un bono apoiará a afluencia de público ás obras de entrada máis cara da programación cultural de Ribadeo do vindeiro mes de decembro. A concelleira Pilar Otero subliñou que “en concreto, serán dúas funcións, as dúas concibidas para que vaia ao auditorio municipal toda a familia. Unha de danza, aproveitando a afección que crea a alta matrícula na área de Danza da Escola de Música, e outra de circo. As persoas que compren entradas para os dous espectáculos verán reducido o importe nun 20%”.
A edil de Cultura sinalou que “Mucab Dans, compañía catalá que nace entre Barcelona e Girona presenta Bowling na ponte de decembro, concretamente o día 5, sábado. Trátase dun espectáculo visual, poético e innovador, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía nos convidan a voar por un mundo fantástico, máxico e absurdo. Pola súa banda, a compañía granadina Vaivén Circo, que obtivo un Premio Nacional nesta disciplina en 2016, presenta en Ribadeo o 30 de decembro a montaxe Esencial. Estamos a falar dun proxecto espectacular cunha posta en escena inspirada no Arco da Vella de Waldorf, xoguete composto de piares e arcos que propician un xogo escénico incríbel”.
Pilar Otero engadiu que “a maiores, na programación cultural do Concello de Ribadeo para esta recta final do ano 2020, haberá teatro para público adulto coa peza premiada cos María Casares á mellor dirección e adaptación, O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia; teatro afeccionado para público infantil, unha delas co grupo de teatro da Asoc. A Mariña de Axuda ao Enfermo Mental, que por vez primeira estrean en Ribadeo; a actuación da compañía de Mondoñedo Mircromina Títeres e o concerto de Mamá Cabra”.
A concelleira ribadense dixo que “esta é a programación cultural que organiza o Concello acolléndose ás axudas da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, do Ministerio de Cultura e da Área de Cultura da Deputación de Lugo”.
















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



