Cervo, 11 de decembro de 2020. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, realizou nestes últimos dous meses, traballos de reposición de especies autóctonas, roza e eliminación de rebrotes de eucalipto nunha parcela municipal en Cuíña, que ten unha superficie de 6 hectáreas, e na que nos últimos anos se levan plantados 4000 exemplares entre bidueiros, castiñeiros, piñeiros, nogueiras, carballos, acivros, salgueiros, loureiros ou espiños.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para ver en primeira persoa o resultado dos traballos, que se repiten, regularmente, en diferentes parcelas de titularidade municipal, “froito da campaña de reforestación con árbores do país que puxemos en marcha hai 12 anos e que a día de hoxe supera xa as 25 hectáreas de superficie repoboada”.
Neste senso Villares subliñou que “estamos a facer un traballo con previsión de futuro, que deixaremos en herdanza aos nosos fillos, co que tamén poñemos en valor o bosque autóctono galego, e que dará os seus froitos a medio prazo, tanto a nivel turístico, polo embelecemento do propio bosque, como a nivel económico-produtivo; animando pois aos nosos veciños a que revitalicen as súas fincas con estas especies que poden chegar a ser incluso un medio de vida a medio prazo”.
O noso obxectivo – apunta Méndez – “é favorecer a creación de novos bosques con estas especies e outras frondosas; que outorgan un valor engadido aos nosos terreos e que, ademais, pola súa natureza, actúan de cortalumes no caso de que se declare un incendio”.
Está claro que a política de reforestación non vai dar resultados inminentes –engade o rexedor- “pero a medio prazo poderemos desfrutar en Cervo de magníficas paisaxes esculpidas con frondosas autóctonas que poden ser tamén unha importante contribución económica para a veciñanza, e un bo antídoto contra a propagación dos lumes; porque os bosques autóctonos son, sen dúbida, tanto no sentido paisaxístico como no produtivo, unha herdanza de incalculable valor para as futuras xeracións”, concluíu.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



