Lugo, 11 de decembro de 2020. O grupo provincial do PP pon de manifesto as dificultades que atopan as asociacións e clubs deportivos a causa da covid e que resulta fundamental para a provincia manter este tecido asociativo. Debido á pandemia, moitas destas entidades tiveron que renunciar a subvencións da Deputación e eses cartos pasarán a remanente. Os populares queren que eses cartos sexan utilizados no 2021 para suplementar actividades dos indicados colectivos.
O portavoz provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, sinala: “Dentro da labor de control que efectúa na Deputación de Lugo, estamos vendo moitas renuncias a subvencións nominativas por parte de diferentes clubs e asociacións deportivas, que as solicitaron para diferentes eventos que debido á covid-19 non se puideron levar a cabo. Esas axudas causarán remanente e tememos que o goberno provincial as use para seguir coa súa política de sectarismo e dedicar eses cartos a fines que entendemos que non son os adecuados neste momento”.
Castiñeira di: “Solicitamos ao goberno da Deputación que non use ese remanente, que poden causar todas esas subvencións que ían para o eido asociativo, e se dediquen a suplementar as actividades do próximo ano, que sería o óptimo, porque tememos que moitas asociacións e clubs necesitarán toda esa axuda, porque 2020 foi un ano difícil e complexo para a súa supervivencia. Todo o apoio que se lles dea no 2021 benvido sexa; o PP entende que é moi necesario seguir mantendo forte ao tecido asociativo, o tecido deportivo”.
O portavoz popular avisa: “Se todo ese remanente o gastamos agora a fin de ano en atender compromisos do presidente, como vimos que pasou co fondo extraordinario da covid, que ao final foi usado para axudar a concellos da súa cor político, non sería xusto nin estaría ben visto no terreo deportivo lucense”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



