Friol, 11 de decembro de 2020. A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe que os orzamentos do vindeiro ano multiplican por sete o investimento na rede galega de atención temperá en comparación co que se destinaba a este fin en 2009, ata chegar aos 3,4 millóns de euros. Este reforzo económico supón un incremento do 5% con respecto ao presente exercicio e permitirá incrementar nun 30% estas unidades especializadas en toda Galicia, que pasarán das 27 actuais ás 35.
Fabiola García aportou estes datos na visita que fixo a este servizo en Friol, que está en funcionamento desde o pasado mes de setembro e que este municipio comparte con Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis. No percorrido polo centro, ao que acoden as familias dunha vintena de nenas e nenos, tamén participou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz.
A titular de Política Social fixo fincapé na importancia da atención temperá cando se trata de atallar trastornos de desenvolvemento en nenas e nenos de 0 a 6 anos, e acadar que gañen en autonomía. Ao respecto, dixo que en unidades como a de Friol os pequenos reciben unha atención de calidade por parte de profesionais de primeira que os axudan a que se poidan desenvolver naqueles aspectos das súas vidas diarias que lles resultan máis complicados.
Atención especializada en 129 concellos
Así mesmo, a conselleira apuntou que a Xunta, os Concellos e a Asociación Galega de Atención Temperá (Agat) levan anos apostando por este modelo de prevención que hoxe xa chega a 129 municipios, fronte aos 15 aos que chegaba este servizo en 2009.
Neste sentido, manifestou que co novo impulso á rede de atención temperá previsto nas contas de 2021, o Executivo autonómico seguirá a avanzar cara ao obxectivo de conseguir que esta prestación pública poida estar á porta da casa para cada vez máis galegas e galegos.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



