Mondoñedo, 14 de decembro do 2020. O BNG presenta unha moción no concello na que insta ao goberno municipal a que anule tódolos actos e acordos adoptados relativos ao expediente de venda por pública subasta do antigo Hospital de Cabanela debido a incumprimentos legais no procedemento.
O portavoz do BNG no concello, Eloi Cabanas, apunta que o prego de cláusulas administrativas que rexen a venda do edificio, establece un prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da última publicación do anuncio da licitación no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia, para que os licitadores presenten oferta no rexistro xeral do concello. “O goberno popular incumpriu o seu propio prego de condicións ao non publicar o anuncio de licitación da venda do inmoble en ningún dos diarios oficiais preceptivos incumprindo así os dereitos básicos de publicidade, transparencia e libre concorrencia”.
Segundo apunta o BNG o goberno só anunciou a licitación da venda do inmoble na plataforma de contratación do sector público e a pesar do incumprimento da publicación nalgún dos diarios oficiais indicados no prego, a mesa de contratación reuniuse igualmente dous días despois ao marcado no perfil do contratante sen previo aviso e en acto non público para a apertura dos sobres da única oferta presentada.
Eloi Cabanas advirte tamén que a aprobación do expediente de alleamento do inmoble pola Xunta de Goberno Local foi realizado sen o previo e preceptivo informe da comisión informativa correspondente, tal e como está tipificado nos artigos 113.1.e do ROF e no 68.2 da lei 5/ 1997 de administración local de Galicia para os casos nos que a Xunta de Goberno Local exerce competencias delegadas polo pleno da corporación municipal.
“Parécenos incrible que un goberno que conta con maioría folgada suficiente para sacar adiante este tipo de procedementos cometa agora estas torpezas legais no expediente causando inseguridades xurídicas e un posible dano a terceiros interesados na compra deste inmoble”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



