Coido que o servizo pode que sexa o mellor xeito de definir unha sociedade. De feito, seguino a pensar despois de ver que no dicionario da RAG, a verba ‘servizo’ ten ate nove acepcións. E lembreime do tema ó virme á cabeza uns espléndidos servizos nun museo dunha pequena cidade europea. Algo que me xurdiu ó preguntarme que servizos públicos tiña Ribadeo. Ó que á súa vez foi desencadeado ó ver tendidos nun entrante dunha tenda a dous vultos de indixentes no anoitecer dun día frío e húmido. Unha cadea de pensamentos na que cada elo pode dar lugar non a un artigo, senón a un amplo estudo. Se nos contentamos coa definición da RAG, nunha ollada rápida…
Servizo. substantivo masculino.
1 Acción e efecto de servir. Prestar un servizo. Neste restaurante o servizo é rápido. A sociedade ten que prestar un servizo. O servizo de acubillo das persoas que a constituímos.
2 Traballo ou actividade de utilidade pública e organismo que asegura a súa realización. Está de servizo no hospital esta fin de semana. Morreu en acto de servizo. Servizo de correo. Os organismos de que nos dotamos son iso, os órganos da sociedade para o seu funcionamento. Teñen utilidade, non hai órgano que poda estar ocioso ou ser malfuncional sen sufrir unha enfermidade social.
3 Conxunto de obxectos utilizados para servir a mesa. Un servizo de porcelana de Sargadelos. Si, mesmo para dar de comer hai que estar organizado, ter servizos…
4 Conxunto de utensilios que se lle pon a cada comensal na mesa. Hai que pór un servizo máis, que chegou un novo convidado. SINÓNIMO cuberto. Tamén para comer dun xeito decente -civilizado- hai que ter servizos…
5 Peza dunha casa ou dun local onde está o inodoro. Por favor, onde está o servizo? SINÓNIMOS latrina, retrete, váter CONFRÓNTESE urinario. E para desfacerse do lixo, tamén, servizos. Este foi un traballo máis que a sociedade viu necesario incorporar ó medrar, perfeccionarse, facerse maior.
6 Conxunto de criados que traballan nunha casa. O servizo está de vacacións. SINÓNIMO servidume. Toda sociedade ten unha servidume para o seu mantemento. Mais, ó fin, todos debemos ser servizo para os demais, niso consiste a humanidade.
As tres últimas acepcións teñen un significado máis alegórico en relación á sociedade:
7 Paso de pé ou de carro polo que se accede a unha leira. O prado ten o servizo pola cima. Si, temos necesidade dun servizo, dunha servidume, para chegar onde queiramos. Ese sería o sinónimo neste caso: servidume.
8 Deporte. Saque, en deportes como o tenis, voleibol etc. Errou o servizo. Hai veces que alguén ten que comezar. Ser o pioneiro, facer un servizo como tal, cun esforzo extra, ou cunha visión coa que arrastra á sociedade a novas metas, ou para seguir sendo sociedade en novos tempos. Dun xeito que ben se podería chamar ‘deportivo’.
9 Celebración litúrxica. O servizo relixioso tivo lugar na catedral. Que dicir das celebracións relixiosas? En principio, pretenden facer honra ó significado, prestar un servizo… Ou non?





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



