Ribadeo, 18 de decembro de 2020. Comeza a súa andadura o novo obradoiro de emprego #RibadeoXCamiño, que se desenvolverá ao longo dos vindeiros nove meses. O acto de apertura, ao que acudiron o alumnado e o profesorado participantes, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo. Con eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O obradoiro de emprego #RibadoXCamiño, que se estenderá ata o mes de setembro de 2021, iníciase con 20 persoas desempregadas, que recibirán formación e práctica profesional nas especialidades formativas de Promoción turística local e información ao visitante e Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. Á contratación do alumnado súmase un director e dúas persoas monitoras.
O edil ribadense dirixiuse ao alumnado dándolle a benvida ao acto polo que se inicia este novo obradoiro de emprego, promovido polo Concello de Ribadeo e cofinanciado pola Xunta de Galicia, con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.
Pablo Vizoso dixo que “o Xacobeo 2021 vai constituír unha oportunidade única e extraordinaria de repercusión mundial que nos permitirá poñer en valor a nosa cultura e paisaxe, a nosa memoria e o talento local para atraer recursos e dinamizar a nosa economía, especialmente nas zonas rurais, e para impulsar accións innovadoras”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local sinalou que “aproveitando esta circunstancia, o Concello de Ribadeo desenvolveu este programa, coa pretensión de dar a coñecer, non só ao peregrino/a, senón tamén ao conxunto da cidadanía, administracións públicas, entidades privadas e aos nosos/as viaxeiros/as, o Camiño de Santiago en terras de Ribadeo, que discorre por un territorio que conserva en gran medida as formas e modos de vida tradicionais, o que permite a identificación sobre o terreo dunha paisaxe cultural auténtica, asociada a unha ruta que está conformada por bens que teñen un gran valor cultural desde o punto de vista histórico, arquitectónico, arqueolóxico e etnográfico, ademais dos valores inmateriais como depositarios das actividades e costumes tradicionais que se conservan”.
Actividade formativa
Viozoso Galdo subliñou que “o primeiro gran obxectivo a cumprir neste proxecto é que os 20 alumnos/as participantes, que ata a súa incorporación ao proxecto estaban en desemprego, adquiriran a formación e destrezas profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral. Neste obradoiro de emprego impartiranse dúas especialidades formativas dirixidas á obtención por parte dos participantes do correspondente certificado de profesionalidade. A especialidade de Desenvolvemento de produtos multimedia interactivos con dez alumnos/as traballadores/as, posibilitará que á finalización do proxecto, o alumnado poida desenvolver a súa actividade profesional no ámbito da produción multimedia interactiva e non interactiva. Na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante os/as dez alumnos/as traballadores/as poderán obter un certificado de profesionalidade que lles permita exercer as súas funcións no ámbito profesional da información e promoción turísticas”.
Actuacións principais
O concelleiro ribadense explicou que “entre as principais actuacións que se levarán a cabo durante o obradoiro de emprego #RibadeoXCamiño destacan as de desenvolver dous produtos audiovisuais multimedia interactivos dos distintos recursos patrimoniais: naturais, culturais e históricos que rodean ao Camiño Norte no termo municipal de Ribadeo. Estas ferramentas audiovisuais teñen a finalidade de poñer en valor a pegada da tradición xacobea na historia e no patrimonio arquitectónico e cultural da vila de Ribadeo. Tamén se levará a cabo o deseño, planificación e desenvolvemento da Oficina de Información ao peregrino e do Centro de Interpretación do Santuario de Nosa Señora das Virtudes que se instalará na parroquia de Arante”.
E engadiu: “en conclusión, con este novo proxecto, o Concello de Ribadeo, conseguirá dar un pulo á promoción do Camiño Norte ao seu paso pola vila de Ribadeo e os recursos naturais, culturais e históricos vencellados ao mesmo como destino turístico, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos turísticos locais”.
Pola súa banda, o alcalde, Fernando Suárez, manifestou: “ para vosoutros entendo que os vai ser moi útil e para o Concello tamén vai ser moi útil todo isto. Estamos moi orgullosos do que estamos facendo cos obradoiros nestes últimos anos, tanto nos que temos de arquivo para recuperar a historia documental de máis de cinco séculos do Concello de Ribadeo, que estaba nunha montaña de papeis e agora somos un exemplo a nivel europeo, e logo tamén deste tipo de obradoiros turísticos. Estamos aproveitando moito o produto do voso esforzo que nos queda aquí como valor engadido para as ducias de miles de visitantes que veñen ao ano porque cada vez estamos innovando máis. Con estas cuestións de informática, de novas tecnoloxías, de informar ao visitante en varios idiomas, que antes de vir nos vexan en 360º, que teñan visitas guiadas virtuais e visitas guiadas reais. Temos unha potencia moi grande para o concello pequeno que somos, non deixamos de ser un concello de 10.000 habitantes sen máis, pero que moitas veces en materia turística estamos avanzando moito nestes últimos anos, tamén en parte grazas ao traballo e o esforzo que deixan os obradoiros”.
O rexedor agarda que “este obradoiro sexa moi bo, para vosoutros e para nosoutros, confío en que así pode ser e confío que empecemos este ano con esta máscara e dentro de nove meses, cando acabemos, poidamos estar sen máscara para entregar os títulos”.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



