Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparición da (ou das) protagonista principal.
A historia de fondo é curta: paseando con tranquilidade e tempo, un día frío e con chuvia intermitente, empuñando paraugas e unha bolsa, a rúa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois de deixar unha man libre para manexar o móbil. Volvo sobre os meus pasos ata onde lembro que a tiña posta, revisando coa vista de xeito minucioso o chan, beirarrúa ou calzada ou herba, e mesmo os peches de fincas próximos nos que poidera quedarse trabada nunha caída. Non a atopo, e volvo facer de novo o recorrido. Sen resultado, volvo xa camiño da casa, mais polos mesmos lugares, fixándome unha última vez. Nisto, decátome de que as casas da zona que atraveso nese momento, antigas, teñen un oco das fiestras onde se poden deixar cousas. E se tivera caído por alí e alguén a recollera e pousara? De novo, retrocedo uns metros. Abondos para decatarme de que si tiña habido un alguén que deixou atrapada a luva nun tirador dunha porta sen uso. Non se mollara, e volvín á casa cun exercicio inesperado e coa luva na man acompañando un sorriso na face.
Nada que non teña sucedido de xeito máis ou menos parello a moita xente. Mais a comezos de 2021, coas noticias bombardeando con novos casos e novas cepas de covid, terceira onda, contaxios irresponsables polas festas non menos irresponsables, xel de mans para antes e despois de visitar tendas… Só cando levaba varios minutos pensando, dando as grazas de xeito mental a quen recollera a luva do chan e a deixara a salvo, dicíndome a min mesmo que como non se me ocorrera mirar alí xa na primeira pasada, que seguro que xa estaba, que parezo parvo, que que fría tiña a man, pasouseme pola cabeza o tema da pandemia. A cousa rematou cun ‘Luva contaminada? Probabilidades próximas a cero, e de calquera xeito, luva posta’. Entre os pensamentos do comezo e o final, a cabeza aínda deu unha volta a como sería o comportamento da persoa este pasado fin de ano: tería posta a máscara no bar? Tería estado en celebracións con máis de dez persoas? Viviría nun concello con restricións de movemento e viría a Ribadeo saltándose o control? Ou sexa, saltaríase as normas, pero sobre todo, o sentido común que indica a protección dos demais e propia? O tema estaba derivando e expandíndose na miña cabeza, de xeitos diversos, á diferencia entre norma e sentido común ou entre deber e responsabilidade, ós pequenos incumprimentos e (ou) irresponsabilidades que todos temos, ao menos, por ser humanos e non máquinas, ás aparentes (ou reais) inconsistencias normativas, á dificultade de estar ó tanto das normas que afectan en cada momento, cando decidín volver ó agradecemento dun acto sinxelo. Un acto humano que pode aledar unha parte de día. E dun noutro de acto sinxelo en acto sinxelo, da vida enteira. Si, por suposto, mentres tentamos poñer os catro sentidos para non ter boletos dunha lotería fatal. Mentres tentamos sorrir e poñemos un gran de area cara ó futuro.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



