Mondoñedo, a 13 de xaneiro de 2021. O Concello de Mondoñedo pon en marcha un programa de dinamización TIC dirixido ás persoas maiores de 65 anos que se desenvolverá en tódolos núcleos do municipio.
A programación, organizada polos técnicos de Servizos Sociais xunto ao equipo do programa As Tic na Casa, achegará as tecnoloxías á vida diaria das persoas de idade avanzada. Este servizo ofrecerá unha asistencia descentralizada e gratuíta que acompañará aos primeiros participantes, chegando aos seus fogares.
A concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Rodríguez Rico, sinala que “a posta en marcha deste proxecto social ten como obxectivo favorecer o envellecemento activo”; xa que, nestes momentos, as restricións pola pandemia da covid-19 limitan o acceso ao club do xubilado ou aos locais das asociacións de mulleres nos que se desenvolvían múltiples actividades físicas e cognitivas. Estes locais que reunían a máis dun centenar de maiores e que actuaban como lugares de socialización fomentaban tamén o envellecemento activo.
Será o equipo de As Tic na Casa o responsable de achegar a máis dunha decena de maiores as novas tecnoloxías para dar a coñecer as vías de acceso á rede, o manexo básico de buscadores, uso de sistemas de videochamada e comunicación a través das redes sociais.
Virginia Vidal, a dinamizadora do programa, axudaralles a estar preto da realidade social mantendo o contacto cos seus seres queridos e acceder á información que precisen sen ter que depender para iso doutras persoas a partir de agora. Así mesmo, “en momentos do día ou do ano onde a estancia no fogar é máis longa, o uso destas tecnoloxías favorecerá a distracción converténdose nunha alternativa atractiva e estimulante para unha ocupación no seu tempo libre”.
A experiencia do equipo de As Tic na Casa de programas anteriores é que os maiores teñen un interese polo uso e aprendizaxe das novas tecnoloxías para actividades da vida cotiá coma ler e ver as noticias, escoitar podcast, ver vídeos, comunicarse cos seus seres queridos e outras actividades de estimulación cognitiva.



















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



