Viveiro, 15 de xaneiro de 2021. Hai deficiencias urbanas que reflicten moi claramente a incapacidade de xestións dos gobernos locais. En Viveiro, o pésimo estado do pavimento do aparcadoiro da avenida de Ferrol, na zona de Verxeles, é un deses casos. As chapuzas ordenadas polo equipo que preside a socialista María Loureiro para tapar malamente os buratos son de tebeo, superan a desbordante imaxinación dos chapuzas por excelencia saídos do lapis de Francisco Ibáñez. O grupo municipal do PP esixe ao goberno de Viveiro que, dunha vez por todas, faga as xestións necesarias para que sexa posible pavimentar nas debidas condicións este espazo.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que o PP xa levou noutros momentos iniciativas ao pleno para que o goberno local xestionase a mellora do pavimento do aparcadoiro da avenida de Ferrol. Pero nada fixo o goberno municipal. O caso é que o pavimento está destrozado e é unha sucesión de fochancas de distinto tamaño, que medran a medida que pasan os días. Rodríguez di que a última intervención neste pavimento foi para reencher con area as fochancas. Como non pode ser doutra maneira, co paso dos coches e coa choiva, o material de recheo durou moi pouco tempo no seu sitio. Anteriormente, houbo outra reparación estilo Pepe Gotera y Otilio, na que uns operarios, provistos dun balde con alcatrán botaron un pouco deste produto nalgúns dos furados. Como era de supoñer, tal reparación tivo unha moi efémera duración. Iso si, deu pé ao cachondeo dos usuarios que tiveron ocasión de ver como se levaba a cabo a reparación.
O aparcadoiro da avenida de Ferrol, en Verxeles, dá servizo a unha zona na que hai comercio, hostalería e servizos de distinto tipo; polo tanto, ten un uso intenso ao longo de todo o ano. Non só ten mal o pavimento, é que non hai sinalización horizontal, para unha máis ordenada circulación e maior seguridade.
Rodríguez di: “Esta situación mantense así dende hai anos. A incapacidade de xestión demostrada pola alcaldesa e o seu equipo é máis que preocupante. Os veciños están fartos de soportar o mal estado deste aparcadoiro e esixen que o Concello adopte as medidas necesarias e que o faga xa. Dende o PP, unha vez máis, reclamamos a reparación do aparcadoiro e instamos ao goberno municipal a facer o seu traballo ao servizo dos veciños de Viveiro”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



