Foz, 15 de xaneiro de 2021. O Concello de Foz, coa colaboración de ACIA Foz-CCA presenta hoxe, venres, as xornadas de apoio á hostalería IMPULSA FOZ, que inclúen premios. As primeiras, desde o 21 ao 24 deste mes, están dedicadas ao chícaro (berberecho), porque este ano non se celebra na vila focense a súa tradicional festa gastronómica dedicada a este marisco.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “para todos aqueles focegos e focegas que desfrutan da hostalería local levando á casa a comida preparada polos nosos cociñeiros, degustando con todas as medidas sanitarias e con conviventes dun bo viño e un manxar da nosa terra, en xaneiro e febreiro haberá premio. Semanalmente, farase un sorteo de todos os vales depositados nas furnas dos locais participantes, con 10 premios semanais de 50 euros. Consistirán nuns cheques que se poderán canxear tanto nos locais de hostalería como en tendas asociadas de ACIA Foz-CCA”.
O rexedor municipal engade que “cada semana, para un total de catro que dura a campaña, está dedicada a un produto. Na primeira, como non podía ser doutra maneira, o protagonista é o chícaro (berberecho). Este ano non é posible facer unha festa gastronómica, como viña sendo habitual, porque as condicións sanitarias non o permiten. Iso non implica que non se poda degustar un produto tan asociado a Foz como é o chícaro, aínda que xa non teña esa presenza masiva na nosa ría. E que mellor maneira de degustalo que coa preparación das nosas cociñeiras e cociñeiros locais”.
Os establecementos interesados en participar nas xornadas deben dirixirse á ACIA local ou á oficina municipal de turismo, situada no Cenima.
Fran Cajoto destaca que o Concello de Foz “é responsable coas medidas sanitarias” e recorda “as restricións adicionais nos horarios de peche que impuxo a Xunta de Galicia, aínda que nestes momentos a incidencia de COVID no concello sexa baixa. En calquera caso, non nos podemos despistar nin relaxar, hai que evitar xuntanzas de non conviventes ou festas particulares, que son realmente un dos principais focos de infección”.
O alcalde de Foz invita “ao consumo seguro na nosa hostalería. Cremos que esta campaña é moi oportuna, xa que de forma responsable podemos seguir consumindo. Ademais os premios entregados reverterán de novo en establecementos locais, o que permitirá unha pequena axuda a todos os pequenos empresarios e autónomos do sector servizos nun momento tan difícil”.
O calendario é o seguinte:
Do 21 ao 24 de xaneiro: Semana do chícaro.
Do 28 ao 31 de xaneiro: Semana dos callos.
Do 4 a 7 de febreiro: Semana do cocido.
Do 11 a 14 de febreiro: Semana afrodisíaca.
Cajoto rematada agradecendo “a colaboración da ACIA de Foz e do seu presidente, José Carlos Paleo, e a boa disposición en todas as campañas que promove o Concello”.
E José Carlos Paleo comentou: “desde ACIA Foz-CCA agradecemos a colaboración do Concello para o impulso á hostalería. O obxectivo é a dinamización e que a norma de aforo imposta poida completarse e desfrutar na medida de lo posible. Os premios son un detalle para a fidelización dos clientes e apoio nos momentos que vivimos. Son catro semanas recordando as festas gastronómicas e un total 2.000 euros en premios para 40 afortunados”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



