Lugo, 19 de xaneiro de 2021. Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro beneficiáronse da primeira convocatoria do programa de prevención de lumes “O Que Non Arde” posto en marcha pola Área de Medio Rural, Mar e Mocidade para contribuír ao mantemento das faixas de protección contra os incendios nos nosos montes.
A convocatoria contemplaba dúas liñas de axuda para os concellos que cumpriran a lexislación en materia de prevención: a primeira para a limpeza dos laterais das vías municipais, solicitada polo tres concellos, e a segunda para a repoboación das faixas de xestión de biomasa con árbores autóctonas, demandada só no caso do concello de Ribadeo. A área de Medio Rural investiu máis de 36.000 euros nestas actuacións.
“O plan é un apoio aos concellos que están a cumprir coa lexislación en materia de prevención de incendios, conscientes do esforzo económico que isto lles supón, xa que a Xunta de Galiza descargou nos municipios a responsabilidade de actuaren sen achegar ningún medio ou recurso para que poidan facelo”, expuxo a deputada Mónica Freire.
Os proxectos presentados polos concellos foron estudados por unha comisión técnica, que avaliou tanto a súa calidade técnica como o cumprimento da normativa en materia das obrigas de xestión da biomasa vexetal, prevención e extinción de lumes ou as accións de execución subsidiaria e procedementos sancionadores realizados dende o propio concello.
Nova edición do programa “O Que Non Arde” en 2021
A área de Medio Rural traballa xa na segunda edición do programa “O Que Non Arde” para poñela en marcha en 2021 con novas liñas de axudas, segundo avanzou a deputada Mónica Freire.
“Entre as novidades estará o apoio para a promoción de actividades silvopastorís nas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común con gandaría extensiva que contribúan a reducir o risco de lumes pola elevada cantidade de biomasa existente nos nosos montes”,explicou a deputada nacionalista.
Mónica Freire explicou que “desde a posta en marcha do programa recibimos consultas de máis da metade dos concellos da provincia, o que amosa o interese e a necesidade de reforzar esta liña de traballo”. “A casuística detrás dos lumes forestais é complexa, pero resulta evidente que o camiño para atallar esta problemática pasa pola prevención, pola ordenación do territorio e o aproveitamento multifuncional do monte”, concluíu.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



