Lugo, 20 de xaneiro de 2021. A Deputación de Lugo apoia un ano máis o funcionamento do servizo de orientación laboral da Federación Galega de Asociacións a Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual e o Desenvolvemento (FADEMGA) cunha achega de 2.500 euros. A colaboración, froito dun convenio asinado entre o Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, e a entidade, dá cobertura a 40 entidades da provincia nas que traballan máis de 160 profesionais para case 790 usuarios.
O Presidente subliña que “o labor de FADEMGA é fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade da nosa provincia e nós temos o compromiso de axudar ao tecido asociativo que traballa pola integración social e laboral e pola igualdade de oportunidades”.
O Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego promovido por FADEMGA traballa potenciando o desenvolvemento, a toma de decisións autónomas e facilitando recursos a estas persoas co obxectivo de mellorar e axudar nunha busca activa de emprego que redunde na consecución dun posto de traballo. O centro leva a cabo accións de información, orientación, asesoramento e apoio individualizado ao longo de todo o ano en coordinación con familiares, empregadores e entidades.
Poden ser beneficiarios deste servizo aqueles que teñan certificada unha discapacidade intelectual ou de desenvolvemento, aqueles que sexan maiores de 16 anos e residan nalgún concello da provincia de Lugo e que estean inscritos como demandantes no Servizo Público de Emprego.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



