Burela, 3 de febreiro, 2021. A internacional brasileira Luísa Mayara da Silva Borges (Blumenau, 1991) estrearase no fútbol sala español como reforzo do Pescados Rubén Burela FS. A ala de 29 anos, que xa se atopa na Mariña, será presentada oficialmente pola estrutura das actuais Tricampioas unha vez cumpra co período de illamento domiciliario por protocolo Covid-19 e se realicen todos os trámites administrativos precisos.
Luísa Mayara, que xa compartiu vestiario e título de campioa na Selección do Brasil coas burelistas Cilene e Cami na Copa América 2019, recala procedente de Female Futsal e cunha ampla e recoñecida traxectoria dende o seu club natal Blumenau, pasando por Jaraguá do Sul, Brusque, Chapecó ata o italiano Lazio ou Adef de Brasilia. A nova mariñá amosouse moi feliz coa experiencia que se lle presenta por diante: “Creo que o Pescados Rubén é un grupo moi forte; sigo a súa traxectoria dende hai tempo. Quería novos retos e experiencias e o Pescados Rubén é o mellor desafío tanto pola competición como pola súa planificación, sempre tiven curiosidade por coñecer como era a súa estrutura de traballo; algo xa sabía polas miñas compañeiras da selección. Sempre crin que era un dos mellores equipos do mundo e agora vén de ser así recoñecido” explicaba a brasileira as súas impresións sobre o club mariñán.
A futura 12 laranxa será a segunda incorporación de inverno para o Mellor Club Feminino FutsalPlanet Awards 2020, despois do regreso no mes de xaneiro da súa compatriota, Jane Marques, que xa defendera a camisola das Guerreiras a tempada pasada. “De momento teño que adaptarme ao cambio horario e despois tocará sobre a pista; confío en que sexa no menor tempo posible para axudar ao equipo e claro, poder ser campioa tamén. Confío en poder sumar sobre todo nos últimos pases, coa miña lectura do xogo de cara á fronte”, confesaba así Luísa Mayara o seu desexo e confianza en estar axiña ao cento por cento sobre as canchas de Primeira.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
