Lugo, 30 de xaneiro de 2021. O deputado lucense e Vicepresidente Primeiro da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Congreso dos Deputados, Javier Cerqueiro dixo hoxe que “o proxecto da PAC que defende o Goberno de Pedro Sánchez e o Ministro Planas, vai ser fundamental para Galicia e para os agricultores e gandeiros que realmente dependen da agricultura en todo o país. Con este proxecto defendemos como xusto e razoable que dúas persoas que cultivan o mesmo na mesma zona e nas mesmas condicións reciban a mesma axuda por hectárea”.
Cerqueiro explicou que a Reforma da PAC, “que entrou en vigor en 2015, estableceu a obrigación de poñer fin aos privilexios históricos. A converxencia cara ao valor medio de axuda de cada Comunidade é inexorable e canto máis perdure a discriminación máis desequilibrio e prexuízo xera. O 56% dos beneficiarios de axudas PAC de España verán incrementadas a súa axuda por hectárea. En calquera caso as modificacións son moi limitadas, por baixo do 10% na maioría dos casos”.
Así as cousas, subliña que “este novo modelo de Política Agraria Común está orientado cara a explotación familiar agraria, co fin de facilitar a incorporación de mozas ao campo, un modelo que evitará que se siga perdendo activo agrario, en definitiva, aquel modelo que garantiu que coa chegada da pandemia, puidese haber alimentos nas tendas e nas grandes superficies, pois non hai agricultura sen agricultores”.
O Deputado lucense sinalou que o modelo que defende o Ministro Planas “pasa por unha nova PAC que resultará fundamental para a incorporación de mozas que queren dedicarse ao campo, e que ademais garantirá a viabilidade para que se poida vivir da agricultura traballando”.
Cerqueiro puntualizou que “a idea desta nova PAC beneficiará aos pequenos e medianos agricultores de todo o país, xa que toma como referencia a explotación familiar agraria, e garantirá que ninguén quede atrás. Polo tanto non é unha PAC territorial, senón que toma como referencia as persoas. É unha PAC social, económica e medioambientalmente sostible, non só é beneficiosa para os agricultores senón tamén para os consumidores”, avanzou.
7.200 millóns de euros en cada ano (2021 e 2022)
“Agora mesmo estamos traballando e facendo o que se nos está aconsellando desde Europa”, insistiu o deputado. Por último aludiu a aprobación esta mesma semana do real decreto que dará continuidade ás axudas da PAC, “esta norma asegura un marco estable para que agricultores e gandeiros poidan percibir 7.200 millóns de euros en cada ano (2021 e 2022), ata a entrada en vigor da nova PAC”, resumiu.
Datos en Galicia
Galicia recibiu no exercicio 2019 un total de 336 millóns de euros de fondos europeos da PAC que percibiron 28.894 beneficiarios, o que supuxo un 4,9 % do importe total de España.
11.337 beneficiarios de axudas directas na provincia de Lugo
Na pasada campaña 2019-2020 da PAC segundo os datos oficiais na nosa provincia houbo un total de 11.337 beneficiarios destas axudas directas, o que supuxo un montante económico de 82.941.626 euros, que contribuíron na mellora da produtividade agrícola de Galicia.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



