Ribadeo, 2 de febreiro de 2021. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza esta fin de semana, os días 6 e 7 de febreiro, un curso de aparatos de medida: directa, por comparación e en electricidade. O día 20 de febreiro terá lugar outra actividade destinada a persoas que están pendentes de presentarse a unha oposición e os días 27 e 28 impartirán un curso sobre aerografía e as aplicacións que ten no mundo do automóbil, das motocicletas ou dos monopatíns. A inscrición está aberta e o número de prazas é limitado.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anunciou que “esta fin de semana, o sábado e o domingo, está previsto facer un curso sobre aparatos de medida mecánicos e eléctricos. Sempre coas condicións que regula o covid de separación adecuada, ventilación, etc…”. Na cita abordaranse cuestións como o calibre en mm e pulgadas, o calibre de profundidade, os micronómetros de exteriores, interiores e de profundidade, o reloxo comparador ou o manexo do osciloscopio en voltios e amperios.
Doural engadiu que “o día 20 imos facer un curso, deseñado para xente que se vaia presentar a oposicións, sobre o tema de programación, unidades didácticas e todo ese tipo de cuestións. Este curso seguramente vai ter outro día máis, pero máis adiante, en principio a primeira cita será o 20 deste mes”.
O presidente de APAGA dixo que “a última fin de semana do mes de febreiro imos ter un curso de aerografía. Está aberto a todo o público, rapaces, para calquera que queira participar. Terá dous días de duración e abordarase o tema de aerografía en distintos equipos como pode ser no automóbil, nas motocicletas, nos monopatíns e ata a utilización de aerografía no corpo humano”.
Álvaro Doural sinalou que “todos os cursos teñen prazas limitadas, cun aforo máximo de oito persoas. A información témola no correo habitual, en apagaribadeo@gmail.com, no teléfono 639 88 49 45 e na nosa páxina web, www.apaga.es. Estas son as actividades programadas para este mes de febreiro e estase traballando agora no plan de marzo e de abril. Esperamos que poidamos contar con outras condicións máis favorables de traballo e desenrolar a actividade formativa con normalidade”.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



