Burela, 10 de febreiro de 2021. O Concello de Burela segue co seu plan de repoboación de espazos públicos con especies como cerdeiras, acivros e camelias. Hoxe as actuacións tiveron lugar no parque Tíjola e nas inmediacións da Casa do Concello, onde estiveron tanto o alcalde, Alfredo Llano, como a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo. A medida forma parte dun programa máis amplo para proceder á rexeneración de espazos urbanos e forestais. O Concello levará adiante unha importante actuación no Monte Castelo onde plantará frondosas e froiteiras.
O alcalde burelés dixo que “hai un programa establecido desde o Concello onde estamos a recuperar algunha especie autóctona, por exemplo estamos plantando cerdeiras arredor do edificio do Concello e algunha outra árbore como son os acivros. Estamos tamén facendo unha plantación grande no Monte Castelo e aproveitando tamén imos poñer bastantes froiteiras, sobre todo cerdeiras, na zona onde está a capela. Pensamos que é unha boa solución para favorecer a diversidade. No Monte Castelo ultimamente estase notando unha escaseza de animais, sobre todo paxaros. Entón queremos establecer un campo favorable para que se poida ver a diversidade e completar os ecosistemas que tanto se precisan. Despois tamén plantaremos o máximo posible de frondosas. Esa é a idea que temos desde Medio Ambiente, ademais doutras das que falaremos máis adiante”.
O rexedor subliñou que “a xente ten que saber que estamos metidos nun programa, que se denomina Concellos polo Clima e pola Enerxía, onde imos establecer unha serie de comportamentos que penso que van ser moi bos para favorecer unha forma de convivir, de bo nivel nun pobo que pode ser moi mellorado nese aspecto”.
Toñi Eijo explicou que “plantamos nas inmediacións da Casa do Concello e parque Tíjola tres cerdeiras, dous acivros e dúas camelias, coa finalidade de repoboar os espazos públicos con árbores autóctonas e no marco dunha actuación máis ampla de rexeneración dos espazos urbanos e forestais do Concello de Burela”.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.


