Dí o refrán que “A falta de noticias son boas noticias”, mais eu, que normalmente concordo co refraneiro, nesta ocasión non podo facelo, ou, polo menos, non no que atinxe a violencia de xénero.
En Si, hai saída, a asociación de axuda a vítimas de violencia de xénero da que formo parte, estamos asistindo, con gran abraio e, principalmente, con enorme preocupación, as informacións e as estatísticas que, desde as diferentes Institucións implicadas e directamente responsables na loita contra a violencia machista, se están a facer públicas, e nas que en todas elas manifestan que a pandemia non provocou un aumento desta, como tampouco medrou o número de denuncias.
Quero pensar, sendo optimista, que esqueceron engadir que están a referirse únicamente as que lles chegaron e lles están a chegar a eles, xa que, de non ser así, isto é grave, moi grave.
Porque, pensemos cun mínimo de sensatez.
En que cabeza cabe que, vivindo primeiro un confinamento total e agora unhas estrictas restricións que lles impiden a estas mulleres relacionarse prácticamente con ninguén que non sexa o seu agresor, a situación puido mellorar para elas?.
É que todos os maltratadores, como se de súpeto se viran afectados por outro virus, este tan benévolo que contaxia bondade, deixaron, de súpeto, de selo convertíndose en parellas agarimosas?.
Por favor, e permitídeme que utilice esa palabra que se fixo tan tristemente presente nas nosas vidas: Sentidiño!.
Moitas vítimas viron as súas horas de traballo notablemente reducidas, ou mesmo perderon o seu emprego, igual que algunhas das súas parellas, coa lóxica tensión e desacougo que, inevitablemente, isto implica, polo que, por unha banda, afastarse deles para tentar pedir axuda é prácticamente imposible.
Pola outra, esos reaxustes no traballo ou a súa perda, as deixa, en moitos casos, sen recurso ningún para elas e para os seus fillos, polo que tentar marchar non é unha opicón, malia ser perfectamente conscientes do perigo que corren.
É lóxica pura que estas complicadas e graves circunstancias deriven nun descenso no número de denuncias, sinxelamente porque é imposible para elas nin siquera pensar en levalas a cabo.
Non poden, de xeito ningún, escapar ao control do seu agresor, e, malia que, nun momento dado, tiveran esa oportunidade, qué opcións ían ter despois?. A onde irían?.
Como é de qué ían vivir elas e os seus fillos?.
Porque se xestionar calquera axuda en circunstancias normais xa é toda unha odisea burocrática, nestes tempos de pandemia, no que todo se ralentizou e se xestiona case por completo de xeito telemático, se torna xa case imposible, e, desde logo, inviable para mulleres e nenos que precisan solucións urxentes para sobrevivir.
Naturalmente, estas mulleres non aparecen nas estatísticas, non existen, porque están caladas, silenciadas e ocultas cada unha no seu particular inferno.
Pero o que é absolutamente demencial é amosar isto coma un éxito, coma unha boa nova.
É, precisamente, todo o contrario.
E soamente de desalentador se pode cualificar que aqueles que teñen unha competencia directa neste eido neguen a evidencia.
Peor ainda é se o fan por descoñecemento, porque, evidentemente, desde os despachos é imposible coñecer toda a realidade.
Soamente mantendo un estreito contacto coas vítimas, compartindo o seu día a día, é posible facer unha valoración real da situación.
Por desgraza, isto non se está a facer, ou, polo menos, non no caso de Si, hai saída.
Certamente, si coñecemos a situación real de moitas vítimas, pero se a interactuación nunca foi o forte das Institucións, agora mesmo, e contra toda lóxica, cando a unión é mais necesaria que nunca e se deberían esquecer todos os factores e intereses alleos a esta, é nula, algo como mínimo significativo, e que non fai mais que reafirmar certos criterios que deixan claros algún cuestionables aspectos que distan moito da auténtica loita contra a violencia de xénero.
Non imos criticar as estatísticas, nin a aqueles que as elaboran, faltaría mais!.
Contan, de feito, con todo o noso respecto, mais cando a información non se contrasta coa auténtica realidade, non é información, e maquillaxe, e o maquillaje soamente tapa os defectos, camufla as imperfeccións, pero, mais tarde ou mais cedo, acaba por desaparecer.


















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



