Antonio Ameijide recorda que este proxecto se iniciou cun goberno do PP á fronte da Deputación pero que, coa chegada de José Ramón Gómez Besteiro á presidencia provincial “se paralizou e nunca máis se retomou”
Lugo, 21 de abril de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno da Deputación en que situación se atopa a obra do enlace do polígono industrial de Cervo, unha obra proxectada, licitada e contratada polo último goberno do PP na Deputación pero que “se cancelou coa chegada de José Ramón Gómez Besteiro ao goberno provincial”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, sinala que “queremos saber se a Deputación de Lugo é a titular de todos os terreos necesarios” para realizar esa conexión, é dicir, “se se fixeron todas as expropiacións necesarias”.
Neste senso, Ameijide explica que Carmela López, coma presidenta da Deputación pero tamén coma alcaldesa de Burela, “debería ter un gran interese en que se realizase esta obra xa que favorecería o desenvolvemento industrial da provincia e, concretamente, da Mariña”.
Dende o Grupo Provincial Popular considérase necesario que a Deputación de Lugo recupere o proxecto para o acceso ao polígono industrial de Cuíña dende a N-642, paralizado dende o 2008, un proxecto iniciado no 2002.
“O polígono industrial de Cuíña concentra unha importante actividade industrial e empresarial no municipio polo que é fundamental para o seu desenvolvemento económico, ademais de ser importante para toda a Mariña”, sinalou.
A Deputación de Lugo desenvolveu obras para dotar a este parque empresarial dun acceso directo dende a N-642, pero “no 2008 o goberno provincial de PSOE e BNG resolve o contrato sen rematar a execución das obras, quedando a medias e privando ao polígono dun acceso máis práctico e directo durante anos e, ademais, facendo que as inmediacións a esta área empresarial conte cun elemento sen rematar restándolle valor e creando mala imaxe”.
Ademais, Antonio Ameijide esixe “educación” ao goberno provincial de PSOE e BNG xa que “aos numerosos escritos remitidos por parte da alcaldesa de Cervo, Dolores García, non tiveron nin a educación de responder”. “O primeiro que se debe facer é responder aos escritos remitidos por outras administracións, como mínimo por lealdade institucional, pero, sobre todo, por respecto a todos os veciños de cada municipio”, afirmou.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



