Burela, 14 de febreiro de 2021. A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, e a presidenta provincial de Novas Xeracións, a senadora Rosa Arza, mantiveron unha reunión telemática con dúas mozas da agrupación de NNXX de Burela, Belinda Romero e Yaiza Reigosa, que pasarán a formar parte da xunta directiva provincial de NNXX. Tamén participaron no encontro virtual o voceiro do PP burelés, Manuel Rouco, e a vicevoceira, Yovana Oroza.
Estas incorporacións responden á aposta decidida da presidenta provincial do PP por sumar mozos e mozas ao proxecto do Partido Popular e ao compromiso do voceiro local do PP, Manuel Rouco, por avanzar na renovación e aposta continúa polos novos talentos que son “o futuro do Partido”, manifesta.
Rouco destaca que “o bo facer ao longo dos últimos tempos dentro da agrupación municipal do PP destas dúas mozas que agora se incorporan tamén á xunta directiva provincial de NNXX”.
Nese sentido, lembra que a agrupación de NNXX de Burela é “unha escola de xoves talentos” que se incorporan ao PP local. De feito, nos últimos anos moitos dos seus membros puideron demostrar a súa capacidade de traballo en beneficio de Burela “colaborando con diferentes gobernos locais dos populares como concelleiros e concelleiras á fronte de diversas áreas”, manifesta o voceiro.
Nesta ocasión, a responsabilidade trasládase tamén ao ámbito provincial onde Belinda e Yaiza traballarán ao servizo da agrupación provincial de NNXX, despois de demostrar a súa valía tamén na formación local.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.

