Non é a primeira vez que as queixas referidas ao tráfico rodado na rúa Amando Pérez aparecen na prensa local. Teño que recoñecer que, baixo a perplexidade que me ocasionou o último feito acontecido nesta rúa, unha vez rexistrado o informe no Concello, entendo que non debe quedar so aí, no caixón, senón que procede facelo público. Quizais así, alguén se sensibilice co tema.
Dos problemas que de cotío padecemos os veciños -moitos deles maiores e outros con familiares dependentes-, referidos as altas velocidades ás que baixan os vehículos por riba da beirarrúa e aos aparcamentos ilegais na rúa Amando Pérez, o Sr. Alcalde é un bo coñecedor (existen xa dous escritos rexistrados no Concello rogando algunha solución: un do 30 xullo de 2019 e outro do 24 agosto de 2020). Pasa o tempo e ditos problemas, en troques de solucionarse, parecen ir a máis cada día.
A continuación opto por entrecomillar un fragmento do texto que lle remitin ao Alcalde pois, deste modo, evito posibles modificacións involuntarias do mesmo:
“O que resulta de verdade inaceptable é que, a pasada semana, ao único vehículo que estaba ben aparcado na rúa e que respectaba o que prega no cartel pegado na porta da vivenda n.º 26, – NO APARQUEN EN LA ACERA. ¡POR FAVOR!!!- lle deixen no parabrisas unha nota escrita a man que di exactamente: EL CAMIÓN DE LA BASURA TIENE QUE PASAR, O PASA POR ENCIMA. Hai fotos do vehículo ben aparcado coa nota. Consérvase a nota mesma.
Invitámolo a que comprobe a veracidade destes feitos interrogando ao condutor do camión do lixo e ao persoal que o acompañaba, indicándolles que as queixas teñen que presentalas no Concello, a vostede mesmo, ou ben chamando á Policía Municipal –competencia da alcaldía- para que, conxuntamente, ambas áreas, procedan dunha vez a tomarse moi en serio a seguridade dos veciños e das persoas que utilizan esta rúa.
Cremos que é responsabilidade prioritaria dun Alcalde velar pola seguridade dos peóns e poñer todos os medios para que a Policía Municipal non permita aparcar os coches enriba das beirarrúas”.
A recente aprobación dun R.D. redefine os límites xerais de velocidade en vías urbanas (Artículo 50) en función da súa clasificación:
Nas vías que dispoñan dunha plataforma única de calzada e beirarrúa para vehículos e peóns, e dicir, que compartan calzada e beirarrúa ao mesmo nivel, o límite pasará a ser de 20 Kms/h.
-Nas vías dun único carril por sentido de circulación, o límite será de 30 Kms/h.
-Nas vías de dous ou máis carrís por sentido de circulación, 50 Kms/h.
A DXT fixou o mes de maio para a súa entrada en vigor, coa finalidade de que os concellos vaian adaptando os seus espazos e a sinalización que corresponda ás novas normas. Aínda así, xa son varias as alcaldías que se veñen adiantando á súa implantación. Sería unha boa noticia que a do Concello de Ribadeo figurara entre elas para que os condutores se vaian facendo aos novos límites. Do contrario, haberá que esperar a maio. E xa veremos…



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



