Ribadeo, 24 de febreiro de 2021. O Concello de Ribadeo celebra hoxe o Día de Rosalía de Castro e ten previsto realizar un mural de Concepto Circo, pero o espazo elixido está pendente aínda do informe de Patrimonio.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o Concello de Ribadeo, como ven facendo os últimos anos, celebra o Día de Rosalía de Castro hoxe, 24 de febreiro, data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837. É unha data conmemorativa, impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”.
A edil ribadense explicou que “este ano o Concello ten previsto a realización dun mural do grupo Concepto Circo, pero o espazo elixido está pendente aínda do informe de Patrimonio. A nosa entidade local acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo na que se posibilita que os Concellos, que así o soliciten, poidan dispor dunha actividade para celebrar a efeméride. No ámbito da obra mural que solicitamos propóñense modelos de obras orixinais coa mestura de diferentes técnicas”.
Pilar Otero lembrou a Rosalía recitando uns versos de Follas Novas “moi acaídos neste ano tan especial e neste momento no que parece que por fin albiscamos novos tempos”: Triste o cantar que cantamos máis que facer se outro mellor non hai, moita luz deslumbra os ollos, causa inquietude o moito desexar, cando unha peste arrebata a homes tras homes non hai máis que enterrar deprisa aos mortos, baixala frente e esperar que pasen as correntes apestadas, que pasen que outras vendrán. Feliz Día de Rosalía.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



