Burela, 3 de marzo de 2021. A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero, intervirá o vindeiro xoves na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento, a partir das 10:30 da mañá, para interpelar ao Goberno de Feijóo sobre cando pensa cubrir as tres prazas de cardiólogos que existen no Hospital da Mariña?”. E que medidas vai a tomar a Consellería de Sanidade para garantir que os enfermos con patoloxías cardíacas reciban a asistencia sanitaria axeitada?.
Otero lembra que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que denuncia o desmantelamento do servicio de cardioloxía no Hospital da Mariña e reclama ao Goberno de Feijóo que “o repoña de xeito urxente polo menos ao seu nivel previo a Setembro de 2020”.
Nesa liña a Deputada tamén quere coñecer a opinión da Consellería de Sanidade “sobre si considera que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións, cun só cardiólogo”.
Patricia Otero sinala que o Hospital da Mariña, é o hospital de referencia da zona Norte da Provincia de Lugo e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes, que se incrementa de xeito exponencial nas vacacións. Advirte que hai tres prazas de cardioloxía, “sen embargo a día de hoxe o Hospital só conta cun único cardiólogo que só atende as urxencias, tal e como veñen de denunciar pacientes e a Plataforma Sanitaria da Mariña”.
A dirixente socialista denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na Comarca da Mariña por parte do Goberno de Feijóo”, criticou.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



