Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten destinado a melloras no porto de Ribadeo nos últimos meses un investimento total de 550.000 euros, dos que 265.000 euros corresponden a actuacións xa executadas e 280.000 a actuacións comprometidas en proceso xa de licitación. Así o explicou a presidenta do ente público, Susana Lenguas, hoxe en resposta a unha pregunta oral na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia.
Susana Lenguas explicou que Portos de Galicia vén de rematar a dragaxe da canle de acceso a Mirasol e o peirao deportivo, por importe de 200.000 euros así como a eliminación da escaleira de fábrica no espigón norte, para a ampliación e mellora da atracada e instalación de defensas no peirao pesqueiro, cun importe de 50.000 euros. Finalmente tamén se actualizou o sistema de pesaxe da báscula do peirao comercial, por 15.000 euros.
Na súa intervención, a presidenta de Portos subliñou que estas actuacións únense ás que se atopan xa en fase final de licitación e que son o deseño dunha solución para a mellora da axitación interior no porto deportivo; o deseño da solución para a mellora do edificio de departamentos de Porcillán; e o equipamento de instalacións de seguridade no porto comercial, conforme ao código internacional de seguridade PBIP. En total, estas actuacións comprometen 280.000 euros.
Finalmente, a presidenta de Portos expuxo que o ente público está a tramitar para o porto de Ribadeo unha das actuacións de maior relevancia do conxunto da planificación portuaria, que é a dragaxe plurianual do porto. Esta acción prevé unha actuación inicial de dragaxe e tres máis de mantemento en anos posteriores e o proxecto conta cun importe de 3,8 millóns de euros.
Susana Lenguas valorou os investimentos do seu departamento en Ribadeo e lembrou que se trata “dun porto de referencia no sistema autonómico e, en base a iso, Portos de Galicia planifica e executa as inversións que precisa e que axudan a impulsar o seu papel clave na xeración de riqueza e emprego para a comarca”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



