Burela/Cervo, 18 de marzo, 2021. Trala información aparecida nos medios nas últimas datas acerca dunha débeda dos concellos de Cervo e Burela con Augas de Galicia, dende o BNG nos dous concellos queren aclarar que a débeda débese a unha denuncia feita por Augas de Galiza ó Consorcio da xestión e explotación da rede basica de abastecemento de auga de Burela e Cervo, do que o organismo autónomo da Xunta de Galiza participa.
“Xa nos chama a atención que unha entidade que participa no consorcio denuncie ó propio consorcio, pero é que faino por unhas obras das que a entidade autonómica foi ampliando o seu importe de xeito unilateral, sen contar cos concellos” sinalou Mario Pillado voceiro do BNG en Burela.
Continuou Pillado dicindo que “chámanos tamén moito a atención que se executaran obras por 8,5 millóns de euros e non se levara a cabo o dragado do Encoro de Rúa, algo que vimos demandando dende fai moito tempo”.
Para o BNG é fundamental que non se incrementen as taxas que paga a veciñanza de Cervo e Burela.
Para os nacionalistas, o dragado é fundamental posto que “cada vez que a auga presenta turbidez actívase o bombeo de auga do encoro de Río Cobo, motivo polo que en Cervo e Burela pagamos a auga mais cara de Galiza. Executando esta obra non sería necesario o bombeo e poderíase diminuílo prezo das taxas” explicou o voceiro do BNG en Cervo, Diego Fernández.
Amén diso, o voceiro do BNG en Cervo sinala que “se o acordo coa consellería supón que as arcas municipais dos concellos non teñan que facer fronte á débeda logo non pode implicar un aumento nas taxas que pagan as veciñas e os veciños de Cervo e Burela, que xa son do mais abusivo”
Para rematar, Diego Fernández sentenciou que “xa sexa nun consorcio ou nunha mancomunidade este organismo debe servir para garantir un abastecemento de auga de calidade, non para facer negocio con obras e contratos de mantemento”.
























O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



