Foz, 26 de marzo de 2021. O PP de Foz, á vista das anomalías detectadas no cumprimento da normativa de accesibilidade en obras en execución, presentará na próxima sesión plenaria unha moción na que defenderá a elaboración dun plan municipal de accesibilidade.
O portavoz popular no Concello, Javier Castiñeira, denuncia que “a nova rampla que constrúe o Concello de Foz nas inmediacións da residencia da terceira idade non cumpre a orde VIV 561/2010 de accesibilidade para espazos públicos urbanizados”. Considera “que é un erro gravísimo, comprobado despois de examinar o proxecto que redactou un estudo externo de arquitectura, contratado polo goberno municipal”. O custo da obra é de 37.000 euros.
Castiñeira di: “É un proxecto que na súa memoria apenas fala de accesibilidade e da xustificación de todas estas normas. Concretamente podemos apreciar que a rampla ten un ancho mínimo de 1,60 e está prevista unha pendente do 8%, algo que vai en contra do que dita esta orde de obrigado cumprimento, a VIV 561/2010, na que se desenvolve o regulamento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados”. Explica que “esta orde establece un ancho mínimo para itinerarios adaptados peonís de 1,80 metros e pendente menor ao 6%. Isto significa que esta rampla non cumpre a normativa publicada no BOE o 11 de marzo de 2010”.
O portavoz popular sinala: “Este incumprimento parécenos moi grave, porque inhabilita esta rampla e non entendemos que isto ocorra nunha obra de nova construción, da que o alcalde dicía que serviría para comunicar non só ao asilo, senón a un barrio enteiro. Non entendemos por que non se adapta á totalidade da normativa”.
Castiñeira anuncia: “Por esta circunstancias e outras anormalidades que estamos vendo en obras novas que se están a facer en diferentes beirarrúas, entendemos que o goberno debe deseñar un plan de accesibilidade. Levaremos ao pleno unha moción nese sentido. É necesario reformar de inmediato todas estas obras que se están a executar, como é a nova rampla, que non se adaptan a esta orde, a VIV 561/2010; non poden poñerse en servizo sen cumprir a totalidade da normativa de accesibilidade”.





















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



