Burela, 27 de marzo de 2021. As Concellarías de Medio Ambiente e Turismo organizan dúas Xeorutas durante a Semana Santa. Serán os días 2 e 3 de abril. A cita foi presentada por Toñi Eijo e Ramiro Fernández.
O edil de Turismo contou que “un ano máis desde a Concellería de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Burela vamos impulsar as Xeorutas de Semana Santa. É unha actividade que ten moi boa acollida entre a xente do pobo e tamén entre os visitantes e por iso decidimos seguir apostando por elas”.
Fernández Rey explicou que “nesta ocasión imos ter unha Xeoruta polo Perdouro o venres, día 2, de 10:30 a 13:30 horas; e o sábado 3 teremos unha Xeoruta pola Marosa tamén de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse hai que chamar ao teléfono do Concello de Burela, 982.58.60.00, ou pode facerse a reservar de praza no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com”.
A concelleira de Medio Ambiente sinalou que “o número de prazas van ir en función das medidas sanitarias que nos van impoñendo desde a Consellería de Sanidade, co cal vamos garantir a seguridade sanitaria na realización destas rutas”.
Eijo dixo: “seguimos apostando por estas rutas xeolóxicas, que tan bo resultado nos están dando, sabendo que temos unha limitación de viaxeiros que poden acudir a elas, pero a mobilidade en Galicia de momento está permitida, co cal a xente que queira achegarse a esta zona nestas datas que sexan da comunidade galega van poder gozar desta actividade”.
O concelleiro de Turismo subliñou que “en todo caso nas últimas rutas, cando xa tíñamos bastantes limitacións polas restricións, vimos que a xente do pobo tamén se animou a facelas. E nosoutros estamos encantados de que os veciños e as veciñas de Burela participen nestas Xeorutas. No verán seguiremos apostando por elas e supoñemos que en breve xa poderemos ir avanzando algo das Xeorutas que faremos durante a época estival”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



