FOZ .- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública advirte que “en menos de un mes Foz vai recibir un importante número de visitantes” e pide que se tomen “as medidas necesarias para asegurar unha correcta e axeitada atención os pacientes”. A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública concentrarase o sábado día 05 de Xuño, as 12 horas, no lugar de costume. Aseguran que continúan a espera da reunión co Conselleira de Sanidade e que “na recente reunión mantida co Sr Balseiro, este, comprometeuse a xestionar a reunión ”
NOTA DE PRENSA
A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública quere facer publica a seguinte Nota de Prensa:
– O Próximo sábado día 05 de Xuño, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sandade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz.
– A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública está a espera da reunión co Conselleira de Sanidade. En dita reunión queremos revisar o estudo comprometido na reunión anterior mantida con membros da Consellería. Queremos recordar que na recente reunión mantida co Sr Balseiro, este, comprometeuse a xestionar a reunión co Conselleira.
– Por último queremos recordar que en menos de un mes Foz vai recibir un importante número de visitantes, que fará que aumente considerablemente a súa poboación. Por medio da presente queremos recordarlle, a quen proceda, que tome as medidas necesarias para asegurar unha correcta e axeitada atención os pacientes.
Tamén queremos recordar que hai comprometidos con Foz unha serie de reforzos para o Centro de Saúde na época estival. Esperamos que ditos compromisos se leven a cabo sen dilación.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



