Barreiros, 1 de abril, 2021. No Concello de Barreiros atópanse encantados co elevado interese que espertou esta actividade xeolóxica na que se visitarán lugares onde se aprecian rochas subvolcánicas, pregues tumbados e se falará de acontecementos xeolóxicos que sucederon hai centos de millóns de anos. Tamén haberá tempo para achegarse aos restos de primitivos arrecifes para, finalmente, rematar na praia de Arealonga na cal se atopan vestixios dunha antiga fraga. Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.
Resaltan a importancia de ver as praias como un espazo natural cunha interesante historia xeolóxica, sen esquecer que tamén dispón dunha ampla biodiversidade a ter en conta á hora da súa visita e desfrute.
O día 30 de abril abriuse o prazo para a inscrición nesta actividade e antes das 10.00h da mañá xa estaban cubertas as prazas comezando a haber lista de agarda, a cal ao longo destes días se foi incrementando. Así, ante esta circunstancia, decidiron organizar outra ruta co mesmo percorrido para o domingo 11 de abril, co fin de darlles a posibilidade ás persoas que forman parte da devandita lista de agarda de coñecer este interesante tramo do noso litoral dende a perspectiva xeolóxica.
Dende o Concello agradecen a resposta da cidadanía e xa se puxeron en contacto cos interesados/as. Así, as prazas de ámbalas dúas rutas están completas e segue a haber lista de agarda. En caso de cancelacións contactarase, por orde de inscrición, coas persoas que non obtiveron praza en ningunha das dúas. Recordamos que o límite de participantes está marcado pola normativa de prevención da Covid-19. Puntualizar que a realización da xeoruta e/ou o número final de participantes quedan supeditados tanto ás posibles modificacións normativas que se puideran producir como á idoneidade da meteoroloxía durante esa xornada.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



