Nota de Prensa
Natalia Barros destaca que o seu partido apoia a recuperación do edificio, “mais logo da súa cesión e cando se dispoña da dotación orzamentaria correspondente” e lembra que a Xunta acometerá a súa consolidación estrutural para evitar novos derrubes
O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE ESTÁ AÍNDA PENDENTE DE MATERIALIZAR A CESIÓN FINAL DO EDIFICIO PARA O ALBERGUE DE PEREGRINOS DE RIBADEO POR PARTE DA IGREXA
* A deputada lamenta que o PSOE “por unha parte nos impoña recortes nos orzamentos da Comunidade Autónoma e por outra esixa prazos de execución inmediata de obras que eles non fixeron nos seus catro anos de goberno”.
Santiago, 4 de xuño de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular lembra que está aínda pendente de materializar o convenio de cesión final do edificio para o novo albergue de peregrinos de Ribadeo por parte da igrexa, polo que resulta polo momento inviable licitar e iniciar as obras como pretendía o Grupo Socialista a través dunha iniciativa debatida hoxe en comisión parlamentaria.
A voceira de Turismo do Grupo Popular, Natalia Barros, destaca que o seu partido apoia a recuperación do edificio, “mais logo da súa cesión e cando se dispoña da dotación orzamentaria correspondente” e lembra que a Xunta acometerá a súa consolidación estrutural para evitar novos derrubes, cando a cesión sexa efectiva. Barros salienta que o Goberno galego “ven traballando arreo na organización e planificación dun Xacobeo que, por culpa da falta de planificación do Bipartito, conta con escasos recursos económicos e pouco tempo”. Ademais, “tivo que levar a cabo un enorme esforzo en 2009 no ámbito da recuperación dos camiños e espazos adxacentes, facendo un plan corrector en colaboración cos concellos, as asociacións de amigos do camiño e mediante convenios coa Igrexa”, como no caso do albergue de Ribadeo.
Así mesmo, resalta que xa se está a levar a cabo o acondicionamento e a dotación dun albergue temporal nesa localidade, mediante convenio co Concello, “para paliar as necesidades de prazas neste camiño”, así como traballando na recuperación do edificio histórico do século XVII que vai ceder o Bispado para o novo albergue, un proxecto “moi coplexo desde o punto de vista técnico, non só pola importancia histórica do mesmo, senón pola súa propia magnitude” e mesmo “polo forte investimento que implica acometelo”.
A deputada lamenta, nese sentido, que o PSOE “por unha parte nos impoña recortes nos orzamentos da Comunidade Autónoma e por outra esixa prazos de execución inmediata de obras que eles non fixeron nos seus catro anos de goberno”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



