Foz, 6 de abril de 2021. O pleno celebrado pola corporación municipal o pasado luns puxo de manifesto, unha vez máis, a incapacidade do goberno presidido por Fran Cajoto para xestionar con eficacia os intereses dos veciños de Foz e, o que é aínda máis grave, a súa xa moi probada falta de modestia para recoñecer e emendar os erros cometidos. Así ocorreu na sesión plenaria máis recente na que, segundo destacan os concelleiros populares, “PSOE e BNG votaron en contra da proposta do PP para deseñar un plan de accesibilidade en Foz, unicamente por xustificar as chapuzas nas obras novas que están a facer”.
O concelleiro popular Juan Rivas explica: “O alcalde recoñeceu que as beirarrúas en Vilaxoane non cumpren o ancho mínimo, o que é inaceptable nunha obra nova que poñerá en risco especialmente ás persoas con mobilidade limitada, que atoparán trampas perigosas en itinerarios de recente construción”.
O mesmo representante popular sinala: “O mesmo pasa nas beirarrúas de Julia Minguillón, onde se deixou o que a xente xa tilda coma “foso dos leóns”, unha entrada a un garaxe que ocupa o ancho da beirarrúa e que necesitará de varandas para evitar caídas frontais; así as cousas, é preciso facer dous crebos de 90 grados para transitar recto”.
Rivas considera que “Cajoto demostra ter nula capacidade para resolver problemas sobrevidos coma estes, que precisaban ou ben de expropiacións de muros particulares ou ben novas solucións a entradas a garaxes; prefire tirar para diante, porque hai que inauguralas”. Engade: “É un autentico despropósito que culminou onte no pleno coa xustificación dunha rampla na rúa do Asilo que non cumpre o establecido na orde ministerial de novos itinerarios accesibles; é unha obra impropia dun enxeñeiro de Camiños como é o señor Cajoto”.
O concelleiro Juan Rivas di: “As normas están para cumprilas; non se cumpre a legalidade facendo como dixo Cajoto, que asegurou que cumprindo coa lei galega chega, afirmación esperpéntica que non entendemos en obras novas que teñen a obriga de cumprir coa máxima legalidade”.
Rivas pregúntase “como vai agora esixir o alcalde aos veciños que cumpran as normas se o goberno local é o primeiro en saltarse a legalidade, e máis aínda nun asunto tan importante como a accesibilidade en 3 casos tan concretos e coincidentes no tempo”. Considera que “o equipo de goberno demostrou nula xestión e nada de autocrítica; o Partido Popular xa avisou de que esixirá responsabilidades a quen recepcione obras que non cumpren coa total legalidade”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.


