Burela, 22 de abril, 2021. Na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña continuamos a desenvolver as actividades que forman parte do proxecto inclusivo Creación Aula do Mar A Mariña; desenvolvido a través das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) e aprobado pola Consellería do Mar ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) a Mariña Ortegal no marco do FEMP.
Hoxe día 22 de Abril dentro da actividade de Terapia Mar levouse a cabo unha charla didáctica “Explorando o mar na Mariña Lucense” impartida pola bióloga Elena Barcelo Culebras. A charla tivo lugar ás 11:00 h no Salón de Actos da Cofradía do Mar de Burela. Así da man desta profesional, unha trintena de persoas con enfermidade mental, achegáronse á realidade do mar que nos rodea e seguiremos a achegarnos dunha forma integral ao coñecemento do mundo mariño, ao tempo que contribuímos ao mantemento da estabilidade clínica e a mellora da calidade de vida das nosas usuarias e usuarios.
Coincidiu cun día soleado e estupendo o que favoreceu que posteriormente camiñaran polos arredores, marabillándose do bonito escenario mariño.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



